Abono Subvención Comedor curso 2017/2018

15.01.2019 15:36

Estimadas familias:

A Xunta xa ingresou na conta da Anpa o importe da subvención de comedor correspondente ao curso 2017-2018. A lista dos beneficiarios e os importes individuais están publicados no taboleiro da ANPA. Lembrade que soamente teñen dereito a subvención os alumnos que asistiron a comedor o curso pasado.

Como en anos anteriores, é posible doar toda ou parte da subvención á ANPA. No caso de doazón parcial, é imprescindible cubrir o apartado do nº de conta para realizar a transferencia bancaria polo importe correspondente. 

Deixade o impreso cuberto no noso buzón, na entrada de Primaria (o verde con tapa laranxa) ou ben entregádeo os martes en horario presencial na ANPA antes do día 28 de febreiro de 2019. Si nesa data non recibimos o impreso, entendemos que doades o importe á ANPA. As transferencias correspondentes realizaranse a partir do 5 de marzo de 2019.

A transferencia será gratuita para as contas de Abanca. Para os que teñades outro banco, descontaranvos a comisión correspondente.