Asamblea Ordinaria Socios - 13 de decembro de 2018

27.11.2018 18:32

Estimadas familias:

A Asociación de nais e pais do Ceip Ramón de la Sagra convoca aos seus socios á Asamblea Ordinaria que terá lugar o xoves 13 de decembro de 2018 no comedor do Centro Ramón de La Sagra ás 16:00h, en primeira convocatoria e as 16:30h en segunda.  A orde do día será a seguinte:

1.  Lectura e aprobación da acta anterior, se procede.

2.  Presentación e aprobación, se procede, das contas do curso 2017/2018 e proposta do presuposto 2018/2019.

 

3.   Obras do comedor.

4. Actividades extraescolares.

5. Rogos e preguntas.

Haberá un servicio de canguro de 16:00 h a 18:00 h para os nenos e nenas de 3 anos en adiante.