Comunicado ás familias: cambio de ubicación do Campamento de Nadal 2018

12.12.2018 09:55

Estimadas familias,

 
sentimos comunicarvos un cambio de ubicación do Campamento de Nadal 2018, o cal celebrarase finalmente nas instalacións do centro veciño CEIP María Pita, segundo o previsto, nas mesmas condicións e horarios, polo motivo que vos explicamos a continuación:

Como a maioría de vos xa sabedes, o ascensor do noso centro leva estropeado un tempo e nos acaban de comunicar que van a amañalo xusto no periodo de vacacións de Nadal, para evitar coincidir co periodo lectivo. Como consecuencia das obras, o Campamento de Nadal non se poderá celebrar nas instalacións do noso propio centro. Sen embargo, gracias á acollida da ANPA XANELA,  poderá levarse a cabo no centro veciño CEIP María Pita, segundo o previsto, nas mesmas condicións e horarios. 
 
Queremos amosar o noso agradecemento á ANPA XANELA e ao Centro CEIP María Pita por acollernos nas súas instalacións e permitir así que poidamos continuar coa programación destas datas tan señaladas, evitando xerar ás familias calquer trastorno por motivo de conciliación.
 
Disculpade as molestias e gracias pola vosa comprensión.
 
Un cordial saúdo.