Datas importantes do inicio do curso

28.08.2019 18:56

Benvidos a este novo curso escolar 2019/2020. Comprácenos comunicarvos que dende o primeiro día poderedes contar co servicio de Conciliación de 14 a 15 h e Cóxegas de 16 a 18 h. Recordámosvos as datas salientables do inicio do curso:

O 2 de setembro podedes devolver os libros prestados ou doar os novos ao banco solidario de libros da ANPA, a partir de 3º de primaria, en horario de 10:00 a 12 h. no noso local (comedor). Axuntamos formulario para doar. Tamén estaremos para rematar cas inscricións de socios.

O 4 de setembro inscrición para cóxegas ou similar de 10 a 11:30 h. Toda a información sobre o programa Cóxegas a podedes consultar na seguinte ligazón: Cóxegas. Como novidade este ano a inscrición neste progama tamén poderá facerse on line a partir do 2 de setembro.

A partir do 4 de setembro tamén poderá facerse a inscrición on line no Programa Luditarde que desenvolverase do 1 de outubro ao 21 de maio de 16:00 a 18:00 h.

O 6 de setembro terá lugar a recollida dos libros para o presente curso escolar 2019/2020, no comedor, en horario: 10:30 - 12:30 h para os socios en rigorosa orde de chegada. *Non se entregarán libros aqueles que estiveran aínda pendentes de devolver. Recordámosvos que podedes participar no banco solidario de libros a partir de terceiro de primaria.

11 SETEMBRO INICIO DO CURSO ESCOLAR 2019/2020. Este mesmo día comezará o programa de Conciliación de 14:00 a 15:00 h.

O 12 de setembro terá lugar a reunión das actividades extraescolares tanto publicas como privadas de 16:30 a 18 h. Haberá servizo de atención infantil.

O 13 de setembro está prevista a festa da escuma de 17 a 19 h.

O 16 e 17 de setembro terán lugar as prescricións de actividades extraescolares publicas e privadas de 9 a 10:30 h.

Como novidade este ano a inscrición nas actividades de Deporte no Centro tamén poderá facerse on line a partir do 2 de setembro (ver mais información na seguinte ligazón: Actividades Extraescolares)

E na semana do 23 o 27 de setembro se notificara mediante a web e o taboleiro de anuncios da ANPA o cadro definitivo de actividades.