FESTA DA ESCUMA

18.06.2019 07:53

Benqueridas familias,

dende a directiva da ANPA querémosvos dar as grazas pola impresionante acollida que tivo a festa de fin de curso que con tanto agarimo e esforzo preparamos para tódolos rapaces e rapazas do noso cole, de corazón grazas.


Por outra banda foi unha magoa que se tivera que cancelar por mor da chuvia a festa da escuma, xusto cando estaba todo listo para comezar, xa sabemos todos como e o tempo na nosa terra, por iso querémosvos anunciar que no comezo do novo curso faremos unha gran benvida con unha festa de escuma, (data por decidir no mes de setembro), onde estades todos invitados.


Por ultimo aclarar que por motivos alleos a organización da ANPA non se puido facer a previsión necesaria de palomitas para evitar colas e dar un servizo mais rápido, e por iso tamén haberá na festa de benvida palomitas e algodón de azucre para todos os nenos e nenas.


Tódolos pais e nais que formamos parte da directiva da ANPA queremos desexarvos un bo verán e que gocedes do merecido descanso, recordade que tedes unha cita importante a volta das vacacións …… Esperámosvos a todos….

Circular