FESTA DO ENTROIDO

13.02.2020 07:07

Queremos invitarvos á Festa do Entroido que se celebrará o próximo día 21 de Febreiro no patio cuberto do cole, en horario de 17:00 a 19:30 h.

Contaremos cuns animadores moi divertidos cos que bailaremos e pasaremos unha tarde moi festeira, ademais de monitores que realizarán varios talleres cos nenos e nenas que o desexen. Farase un concurso de disfraces tanto de nenos como de adultos, con agasallos para as distintas categorías, así que vos animamos a participar!

Este ano como novidade teremos tamén un photocall no que poderedes sacar fotos. Ademáis haberá un fotógrafo profesional que sacará fotos durante a festa. Todas as fotos estarán expostas en Ositos que as porá a venda a 50céntimos cada unha.

Gustaríanos contar coa vosa colaboración, como en anos anteriores, para que trouxerades algo para merendar, a poder ser, cousas típicas do Entroido como orellas ou rosquillas, e senón algo caseiro como biscoitos, bocadillos, etc. Este ano voltaremos a contar coa filloeira (3 filloas por 1€). Ademais, poderédelas acompañar cun delicioso chocolate quente.

Para que todo isto remate o mellor posible, gustaríanos que todas as familias colaboremos en manter limpo tanto o patio cuberto como o patio exterior, onde os nenos saen xogar. Para isto poñeremos bolsas a disposición de todos para facilitar a recollida do lixo. Ademais, para evitar sustos e minimizar riscos, queda prohibida a entrada ó cole de petardos, sprays, ou calquera outro elemento que a ANPA considere non axeitado.

Para recoller a vosa entrada podedes achegarvos polo local da ANPA nas seguintes datas:

  • 17, 18 e 19 de febreiro de 9:00 a 10:00 h.

  • 18 de febreiro de 16:45 a 17:45 h.

Daranse tantas entradas de balde por familia como nenos aparezan no carné de socio. Calquera entrada a maiores terá un custo de 5 € por neno (agás os menores de 3 anos, que non pagan).

Será necesario presentar a entrada na porta do patio cuberto para acceder á festa, e poñeremos un cuño por si queredes saír e volver a entrar.

Nos vindeiros días poderedes ollar os carteis desta festa nos puntos habituais de información do cole.