O Pleno aproba de forma definitiva o estudo de detalle necesario para a ampliación do comedor do CEIP Ramón de la Sagra

11.10.2018 09:02

O goberno local deu hoxe un novo paso no seu compromiso coa educación pública de calidade e coa mellora dos centros educativos públicos da cidade, logo de que o Pleno municipal ratificase a aprobación definitiva do estudo detalle para a ordenación de volumes no CEIP Ramón de la Sagra, trámite necesario para levar a cabo o proxecto municipal de ampliación do comedor que emprega o alumnado deste centro educativo.

Ler mais