Obradoiros de iniciación á curtametraxe en galego 18/19

07.10.2018 17:14

presentámosvos, un ano mais, os "Obradoiros de iniciación á curtametraxe en galego", unha actividade extraescolar para nenos de 5º e 6º curso de educación primaria, ofertada polo concello de A Coruña. Organízase en dúas sesións semanais dunha hora de duración: luns e mércores de 17:10 a 18:00 h. O período de realización é no segundo trimestre: do 21 de xaneiro ao 12 de abril de 2019.

É gratuita e ten un limite de 15 prazas, por orden de inscripción, tendo preferencia os de 6º curso de primaria sobre os de 5º. Ao empezar ás 17:10 h, é responsabilidade das familias entregar aos seus nenos, a ANPA non se resposabilizará desta tarefa.

A actividade consiste en aprender a redactar un guión e gravar unha curtametraxe empregando como lingua vehícular o galego e co obxectivo é potenciar as competencias orais e escritas en lingua galega asi como a capacidade creativa a través das artes audiovisuais. Mais información na web do Concello.

Existe a posibilidades de que os propios técnicos que impartirán a actividade fagan unha reunión informativa no colexio, en tal caso avisarémosvos.

Inscricións:

Para inscribirse deberedes rellenar a ficha de inscrición e entregala á ANPA, vía e-mail ou presencialmente no local da ANPA (presencialmente o martes 9 no horario habitual de atención ás familias).

Prazo: do 8 ao 12 de outubro. A adxudicación das prazas realizarase por rigurosa orde de inscrición e no caso de haber moitas solicitudes terán prioridade os alumnos de 6º de primaria, xa que os de 5º terán a oportunidade de realizar esta actividade no vindeiro curso escolar. Os grupos formaranse cun mínimo de 5 escolares e un máximo de 15. Unha vez comezado o programa, poderá haber novas altas sempre e cando queden prazas vacantes. No caso de non quedar prazas, a persoa solicitante pasará a formar parte dunha listaxe de agarda.