RECOLLIDA XOGUETES NADAL 2019

11.12.2019 10:25

Benqueridas familias, comprácenos comunicarvos que a directiva do anpa en colaboración co colexio, vai a programar por primeira vez dous días do mes de decembro, para que todas aquelas familias que o desexen poidan facer unha doazón de xoguetes tanto usados como novos.

Este ano queremos que as familias do noso cole teñan a posibilidade de participar desta recollida de xoguetes, dende dúas formas diferentes de solidarizarse cas nenas e nenos con menos recursos da cidade ou en risco de exclusión.

Para isto teremos, por un lado, a doazón de xoguetes usados que serán entregados á oficina municipal de información ás personas consumidoras do Concello, formando deste xeito parte do proxecto de economía circular que están levando a cabo. Estes xoguetes usados que todos temos nas nosas casas, serán postos a disposición das nenas e nenos no punto que hai dentro da aldea de navidade na Praza de Maria Pita e terán que cumprir con tres condicións necesarias e imprescindibles:

  • ESTAR EN BO ESTADO

  • ESTAR LIMPOS

  • NON TER PILAS

Por outra banda queremos tamén dar a oportunidade de, as familias que así o desexen, a participación dunha recollida de xoguetes novos, a través da Cruz Roja e da campaña ¿AXÚDANOS A FACELO REALIDADE?, basada no obxetivo de que todos os nenos e nenas poidan ter un xoguete novo non bélico e non sexista.

Esperamos a vosa participación, e de seguro que os nosos nenos e nenas van a participar activamente desta recollida, aprendendo ao mesmo tempo a importancia que ten compartir as cousas cos demais.

Moitas gracias.


 

A RECOLLIDA DE XOGUETES TERÁ LUGAR NA ENTRADA DO COLEXIO

LUNS 16 DE DECEMBRO

MARTES 17 DE DECEMBRO