Servizo de Conciliación - do 17 de setembro ao 21 de xuño

12.09.2018 21:50

Este ano queremos continuar ofrecendo un espazo de 14:00 a 15:00 h, para favorecer que as nenas e nenos poidan xantar coas súas familias. A través deste servizo ofrécese ás familias a posibilidade de recoller aos seus fillos as 14:30 ou as 15:00 h, en lugar de as 14:00 h.  Este será un tempo de descanso e actividade relaxada acompañada dunha figura educativa onde as nenas e nenos poden tomar un petisco que traian da casa mentres agardan as súas familias.

Mais información: "Conciliación"