SERVIZO TITORÍAS COMEDOR

10.03.2016 00:16
Estimadas familias, informámosvos de que podedes acceder a ter TITORÍAS cos monitores do comedor, un servizo que se ofrece para facilitar a comunicación coas familias, onde podedes pedir información, presentar as vosas dúbidas, queixas, propostas...
O servizo desenvolverase no comedor, os martes de 16 a 17 horas.
Para facer uso do servizo, haberá que pedir cita previamente aos monitores, e se esa comunicación non é posible podedes pedila a través do teléfono ou mail da anpa.