SONICREQUES - 7 de novembro

21.10.2018 21:28

O mércores 7 de novembro comeza Sonicreques, unha actividade para aqueles que disfrutan xogando coa música, onde a música é un fin en sí mesmo e á vez unha ferramenta de aprendizaxe que permite desenvolver as potencialidades dos nenos e nenas dunha manera global, atendendo tanto a necesidades cognitivas como motrices dos mesmos. Os monitores serán Estefanía e Cristóbal, os mesmos que impartiron á actividade de Trotamúsicos o ano pasado, a cal acadou un gran éxito, e que nos demandáchedes que continuara este curso nas mesmas condicións.

Horario: todos os mércores en dous grupos, de 16:00 a 17:00 h e de 17:00 a 18:00 h. O límite de prazas é 15 por grupo. Os grupos formaranse en función das idades dos nenos que se inscriban.

Inscripcións: por correo electrónico ou presencialmente os martes no local da ANPA, no horario habitual de atención ás familias. Só tes que cubrir a ficha de inscrición.