Subención comedor curso 2016/2017

07.03.2018 15:55

Estimadas familias:

A Xunta xa ingresou na conta da Anpa o importe da subvención de comedor correspondente ao curso 2016-2017. A lista dos beneficiarios e os importes individuais están publicados no taboleiro da ANPA. Lembrade que soamente teñen dereito a subvención os alumnos que asistiron a comedor o curso pasado.

Como en anos anteriores, é posible doar toda ou parte da subvención á ANPA. No caso de doazón parcial, é imprescindible cubrir o apartado do nº de conta para realizar a transferencia bancaria polo importe correspondente. Circular subvención de comedor 2018.pdf (202337)

Deixade o impreso cuberto no noso buzón, na entrada de Primaria (o verde con tapa laranxa) ou ben entregádeo os martes en horario presencial na ANPA antes do día 30 de abril. Si nesa data non recibimos o impreso, entendemos que doades o importe á ANPA.

A transferencia será gratuita para as contas de Abanca. Para os que teñades outro banco, descontaranvos a comisión correspondente.

Grazas pola vosa colaboración.