Actividades extraescolares 2025-2026

⚠️ INSCRICIÓNS CÓXEGAS, LUDIVERSO E SONICREQUES A PARTIR DO 15-07-2025 ⚠️


O seguinte cadro recolle a proposta de actividades extraescolares para o curso 2025-2026, deseñada partindo das enquisas de valoración do curso pasado e de necesidades das familias, traballada entre o claustro e a ANPA e aprobada por unanimidade no Consello Escolar.

A inclusión das actividades no cadro final está condicionada a que se acaden o número mínimo de inscricións.

Cadro proposto de actividades 2025-26 (*)

Podedes ver a proposta de actividades no seguinte cadro. Se pinchades encima de cada unha veredes unha descrición. A continuación do cadro, podedes ver información máis detallada sobre as actividades que inclúe a proposta. Destacar que a inscrición en Ludiverso pode facerse en tres modalidades:

  • 5 días á semana: de luns a venres
  • 3 días á semana con inglés: incluiría o luns e o mércores e un terceiro día a elexir: martes, xoves ou venres
  • 3 días á semana sen inglés: martes, xoves e venres.

Actividades Extraescolares

2025-2026

Actividade Pública
Educación Infantil (4º, 5º e 6º Curso)
Luns
Martes
Mércores
Xoves
Venres
Ludiverso de 16:00 a 17:30
Pre-Patinaxe 1
-
Xogos e Movemento
-
Pre-Patinaxe 1
-
Xogos e Movemento
-
PequeXogos
-
A inscrición pode facerse para 3 ou 5 días á semana
EnglishLab
Teatreiros
EnglishLab
Teatreiros
Comecocos
Educación Primaria (1º, 2º e 3º Curso)
Luns
Martes
Mércores
Xoves
Venres
Ludiverso de 16:00 a 17:30
EnglishLab
-
En Escena
-
EnglishLab
-
En Escena
-
Xoga Pro
-
A inscrición pode facerse para 3 ou 5 días á semana
Pre-Patinaxe 2
Predeporte
Pre Patinaxe 2
Predeporte
Xenios
Educación Primaria (4º, 5º e 6º Curso)
Luns
Martes
Mércores
Xoves
Venres
Ludiverso de 16:00 a 17:30
EnglishLab
-
Comediantes
-
EnglishLab
-
Comediantes
-
Xogamásters
-
A inscrición pode facerse para 3 ou 5 días á semana
Patinaxe Artística
Multideporte
Patinaxe Artística
Multideporte
Scape Room
Actividade Privada
Luns
Martes
Mércores
Xoves
Venres
16:00 - 17:00
SONICREQUES Infantil
ROBÓTICA Infantil ou Primaria, en función da demanda
SONICREQUES Infantil
SONICREQUES Infantil
16:45 - 17:30
JUDO 4º, 5º e 6º Infantil
JUDO 4º, 5º e 6º Infantil
17:00 - 18:00
SONICREQUES Primaria
ROBÓTICA Infantil ou Primaria, en función da demanda
SONICREQUES Primaria
17:30 - 18:15
JUDO 1º, 2º e 3º Primaria
JUDO 1º, 2º e 3º Primaria
18:15 - 19:00
JUDO 4º, 5º e 6º Primaria
JUDO 4º, 5º e 6º Primaria

* Pendente de incorporar a actividade de Natación, no marco do programa Concellería de Deportes do Concello da Coruña, unha vez nos remitan a información.

** Para a actividade  Judo, a empresa ofrece a posibilidade de realizar a actividade nos seus centros (debido a indisponibilidade do noso patio por motivo das obras do patio cuberto).


ACTIVIDADES PÚBLICAS

As actividades extraescolares de iniciativa pública que teñen lugar no noso centro están ofertadas e xestionadas pola Federación de ANPAs de Centros Públicos da Provincia da Coruña, segundo o programa de lecer educativo, agrupadas baixo a denominación LUDIVERSO, con actividades que comparten o obxectivo de promover un desenvolvemento integral na mocidade, abarcando tanto o aspecto físico como o socioemocional.

LUDIVERSO

A proposta de Ludiverso ofértase por cuarto ano consecutivo como actividade estrela e multidisciplinar. Unha aposta que parte do traballo conxunto entre claustro e ANPA para ofrecer unha proposta de conciliación de 16 a 17:30 h. cun alto nivel de calidade educativa e que foi ademais das propostas mellor valoradas polas familias nas enquisas de avaliación do curso pasado (9.7 puntos de 10).

Segue unha metodoloxía que desenvolve aspectos como a creatividade, a experimentación múltiple, a resolución de conflitos e o crecemento persoal. A actividade contará cun equipo estable de educadoras e educadores na que, en diferentes grupos de idade, mesturan unha actividade lúdica e variada, compartida cun grupo de referencia de iguais, facendo a experiencia moi familiar e enriquecedora.

Para este curso, en Ludiverso mestúranse actividades culturais e artísticas (teatro), así como deportivas (deporte, multideporte e torneos), científicas, de novas tecnoloxías, ... Este ano, inclúe a actividade de inglés para todos os grupos.

PERIODO DE REALIZACIÓN: do 1 de outubro de 2025 ao 19 de xuño de 2026.

Está DIRIXIDA a escolares de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos. A oferta de actividades plantéxase en función dos seguintes tres tramos de idade:

  • 4º, 5º e 6º de Educación Infantil
  • 1º, 2º e 3º curso de Educación Primaria
  • 4º, 5º e 6º curso de Educación Primaria

A RATIO é dun mínimo de 9 escolares inscritos, por cada tramo de idade, para formar grupo.

HORARIO: De luns a venres, de 16 a 17:30 horas, para todos os grupos de idade.

A INSCRICIÓN para todos os grupos nesta actividade farase en tres modalidades, a partir do 15 de xullo de 2025:

  • Para os 5 días da semana: de luns a venres.
  • Para 3 días á semana con inglés: luns e mércores máis un terceiro día a elexir (martes, xoves ou venres).
  • Para 3 días á semana sen inglés: martes, xoves e venres.

Pódese realizar no portal da Federación de ANPAs accesible na seguinte ligazón:

COTAS A ABOAR: Aboaranse 3 cotas ao longo do curso, por trimestre, segundo a modalidade elexida:

  • 5 días á semana: 129 €/trimestre
  • 3 días á semana con ingles: 87 €/trimestre
  • 3 días á semana sen inglés: 63 €/trimestre

As familias beneficiarias de bolsa comedor no presente curso, deberán aboar o 50% da cota do programa en calquera das modalidades.

A totalidade dos escolares inscritos aboarán unha única cota de 5€ en concepto de seguro de accidentes, que lles dará cobertura en todos os programas xestionados pola Federación de ANPAs para o curso 2025-26.


A actividade de Ludiverso incluirá a seguinte programación:

DEPORTE

O programa promove o poder do deporte para o desenvolvemento completo do alumnado, onde cada actividade está adaptada ao nivel de desenvolvemento da rapazada, agrupadas en diferentes escolas deportivas.

  • PREPATINAXE I: Primeiro contacto co patinaxe mediante xogos que desenvolven o equilibrio, a coordinación e a confianza sobre rodas, en espazos seguros e adaptados. Incluído no programa de Ludiverso, para os grupos de 5º e 6º de Educación Infantil, os luns e mércores.
  • XOGOS E MOVEMENTO: Primeiro contacto co exercicio físico a través de xogos libres e dinámicos que desenvolven a motricidade, a coordinación e o gusto polo movemento. Incluído no programa de Ludiverso, para os grupos de 4º, 5º e 6º de Educación Infantil, os martes e xoves.
  • PEQUEXOGOS: Actividade baseada en xogos de movemento, coordinación e iniciación ao xogo en grupo. Os máis pequenos exploran o seu corpo, aprenden normas básicas e comparten momentos de xogo nun ambiente divertido e seguro. Incluído no programa de Ludiverso, para os grupos de 4º, 5º e 6º de Educación Infantil, os venres.
  • PREPATINAXE II: Continuación da iniciación ao patinaxe, cunha maior autonomía e control do movemento. Trabállanse aspectos básicos de deslizamento, xiros e freado dun xeito lúdico. Incluído no programa de Ludiverso, para os grupos de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria, os luns e mércores.
  • PREDEPORTE: Iniciación aos deportes con xogos que traballan habilidades básicas como equilibrio, forza e coordinación, promovendo tamén o respecto polas normas e o traballo en equipo.  Incluído no programa de Ludiverso, para os grupos de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria, os martes e xoves
  • XOGAPRO: Xogos e predeporte orientados á práctica de partidillos, retos e dinámicas por equipos. Unha forma de achegarse ao deporte aprendendo a respectar regras, colaborar e participar nunha contorna motivadora. Incluído no programa de Ludiverso, para os grupos de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria, os venres
  • PATINAXE ARTÍSTICA: Disciplina que combina técnica de patinaxe con expresión corporal e coreografías, traballando a coordinación, a postura e a creatividade. Incluído no programa de Ludiverso, para os grupos de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, os luns e mércores
  • MULTIDEPORTE: Continuación de predeporte engadindo deportes alternativos. Incluído no programa de Ludiverso, para os grupos de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, os martes e xoves
  • XOGAMÁSTERS: Actividade de multideporte con dinámicas de liguiñas internas, partidos e minitorneos. Os nenos e nenas experimentan distintos deportes (a escoller polo grupo) e roles dentro do xogo, reforzando valores como a cooperación, a superación persoal e o espírito deportivo. Incluído no programa de Ludiverso, para os grupos de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, os venres.

ENGLISH LAB

Este ano, a actividade de Ludiverso incorpora unha inmersión en inglés adaptada a todas as etapas educativas, onde o xogo é fundamental. Integrando contidos do idioma con disciplinas e actividades atractivas, mellorando a capacidade de escoita a través de temas interesantes que promoven a participación activa. Busca desenvolver seguridade e fluidez.

  • Todos os grupos, ENGLISH LAB 4º, 5º e 6º de Educación Infantil, ENGLISH LAB 1º, 2º e 3º de Educación Primaria e ENGLISH LAB 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, están incluídos no programa de Ludiverso, os luns e mércores.  

ARTE E CULTURA

    Nas actividades deste programa incluído en Ludiverso, favorécese o desenvolvemente integral dos nenos e nenas a través de propostas artísticas e culturais. A través da experimentación, a expresión corporal e o teatro, o allumnado explora a súa creatividade e desenvolven habilidades emocionais e comunicativas, nunca contorna lúdica, participativa e respetuosa, onde o importante é experimentar, crear e gozar da cultura desde a infancia. O programa agrupa:

    • TEATREIROS: Mestura contacontos e teatro. A través de historias coñecidas, os nenos e nenas dramatizan, expresan emocións e desenvolven a súa imaxinación e oralidade nun ambiente lúdico e creativo. Incluído no programa de Ludiverso, para os grupos de 4º, 5º e 6º de Educación Infantil, os martes e xoves.
    • COMECOCOS: A partir de xogos visuais, ilusións ópticas e pequenos crebacabezas, introdúcese ao alumnado nun universo lúdico onde desenvolven a capacidade de observación, atención e memoria, ao tempo que se fomenta a curiosidade e o pensamento lóxico desde as primeiras idades. Incluído no programa de Ludiverso, para os grupos de 4º, 5º e 6º de Educación Infantil, os venres.
    • EN ESCENA: Actividade que combina animación á lectura con iniciación teatral. A partir de contos e escenas adaptadas, os participantes melloran a expresión oral, a comprensión lectora e aprenden as bases da interpretación. Incluído no programa de Ludiverso, para os grupos de 1º, 2º e 2º de Educación Primaria, os martes e xoves.
    • XENIOS: Mediante xogos de estratexia e retos intelectuais adaptados á súa idade, os participantes exercitan o razoamento lóxico, a toma de decisións e a resolución de problemas, sempre desde unha perspectiva divertida e colaborativa. Incluído no programa de Ludiverso, para os grupos de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria, os venres.
    • COMEDIANTES: Obradoiro teatral centrado no humor, onde os nenos e nenas crean e interpretan sketches, escenas cómicas e monólogos. Fomentan a creatividade, a expresión persoal e a confianza no escenario. Incluído no programa de Ludiverso, para os grupos de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, os martes e xoves.
    • SCAPE ROOM: Propostas baseadas en enigmas, pistas e desafíos cooperativos invitan ao traballo en equipo e á creatividade. A través da resolución de situacións complexas, estimúlase o pensamento crítico e a capacidade de afrontar retos de maneira activa e imaxinativa. Incluído no programa de Ludiverso, para os grupos de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, os venres.

ACTIVIDADES PRIVADAS

As actividades extraescolares de iniciativa privada que teñen lugar no noso centro están ofertadas e xestionadas directamente polas empresas responsables de cada unha e foron seleccionadas en base ás enquisas de avaliación e para dar resposta ás propostas das familias a actividades que non estaban incluidas en programas de iniciativa pública.

SONICREQUES

Sonicreques é un proxecto de educación musical no que os nenos e nenas desenvolven as súas capacidades mediante o xogo e aprenden conceptos musicais básicos. Ademais realizan unha iniciación instrumental que lles permite coñecer as súas capacidades e gustos musicais. 

Impártese en formato dunha hora semanal, nas seguintes modalidades:

  • 4º, 5º e 6º de Educación Infantil: Luns, Mércores e Venres de 16h a 17h.
  • Educación Primaria: Luns ou Venres de 17h a 18h.

PERÍODO DE REALIZACIÓN: do 1 de outubro de 2025 ao 19 de xuño de 2026.

PREZOS: O custo da actividade é de 16€/mes por alumno ou alumna, en pagos mensuais ou trimestrais.

A INSCRICIÓN (ata completar máximo de prazas) poderá realizarse a partir do 15 de xullo de 2025, segundo as instruccións que podedes atopar na seguinte ligazón do blog de Sonicreques:


ROBÓTICA

É unha actividade que ten como obxectivos acercar e demostrar as posibilidades das disciplinas STEAM, a resolución de retos e a execución de proxectos para o alumnado, con diferentes niveis adecuados á idade e coñecementos de cada grupo.

Emprega unha metodoloxía activa na que o alumnado ten o papel protagonista de xeito que sexan os principais tomadores de decisións, con clases completamente prácticas que se fundamentan no xogo para garantir a interiorización dos contidos e o éxito do proceso formativo. 

Os contidos que se traballarán son o acercamento á robótica e a programación, a tecnoloxía e o deseño e impresión 3D, con propostas que variarán semanalmente. 

A actividade impártese en formato dunha hora semanal, na seguinte modalidade:

  • Educación Primaria e/ou Infantil: Martes, de 16 a 17 h. e martes de 17 a 18 h., segundo inscricións.

A actividade estará impartida pola empresa local EnxeñoLabs by Dismedia. É preciso un mínimo de inscricións en cada grupo para que a actividade poida iniciarse, cun máximo de 14 inscritos.

PERIODO DE INSCRICIÓN: ⚠️ ABERTO ATA COMPLETAR MÁXIMO DE PRAZAS ⚠️

PERÍODO DE REALIZACIÓN: do 1 de outubro de 2025 ao 19 de xuño de 2026.

PREZOS: O custo da actividade é de 28€/mes por alumno ou alumna.

A INSCRICIÓN poderá realizarse mediante o formulario habilitado na seguinte ligazón:

Máis información da actividade na súa web: https://enxenolabs.gal/ 


JUDO

É unha actividade que responde ás peticións das familias para incorporar unha modalidade deportiva de artes marciais. A empresa responsable é EdukaJudo e na seguinte ligazón está o programa completo:

A actividade impártese en formato de unha ou dúas horas á semana, na seguinte modalidade:

  • 4º, 5º e 6º de Educación Infantil:  Luns e/ou xoves, de 16:45 a 17:30
  • 1º, 2º e 3º de Educación Primaria: Luns e/ou xoves, de 17:30 a 18:15
  • 4º, 5º e 6º de Educación PrimariaLuns e/ou xoves, de 18:15 a 19:00 

A empresa ofrece a posibilidade de realizar a actividade nas súas instalacións (debido á indisponibilidade do noso patio por motivo das obras do patio cuberto).

PERIODO DE INSCRICIÓN: ⚠️ AVISAREMOS DAS DATAS DE APERTURA DE INSCRICIÓNS ⚠️

PERÍODO DE REALIZACIÓN: do 1 de outubro de 2025 ao 19 de xuño de 2026.

PREZOS: O custo da actividade é de 15€/mes por alumno ou alumna na modalidade de 1 día, e de 22€/mes por alumno ou alumna na modalidade de 2 días. Ademais, esta actividade conleva un custo de entre 55€ e 57€ en concepto de trámite de inicio de curso (licencia, etc...)

A INSCRICIÓN poderá realizarse a través da propia empresa.