Cóxegas

O programa Cóxegas é unha proposta que lle dá resposta á demanda de conciliación familiar e laboral para familias con fillas e fillos escolarizados en centros públicos en tempo extraescolar (en horario de 16 a 18 h.), durante os períodos en que as ANPA non desenvolven actividades extraescolares (setembro e xuño).
En CÓXEGAS, as nenas e nenos realizarán distintas actividades como xogos, deportes, animación teatral, plástica,... Todo baixo un enfoque integrador na que eles e elas mesmas serán as protagonistas.
Para este curso 2021-2022 ten lugar en dous periodos:
- 1º período: do 9 ao 30 de setembro de 2021
- 2º período: do 1 ao 22 de xuño de 2022 DESENVOLVERASE DE LUNS A VENRES DE 16 a 18h
HORARIO: De luns a venres, de 16 a 17 ou de 16 a 18h, segundo demanda.
PREZO: 15 € por usuario en cada período.
Ademáis deberán abonar 4€ en concepto de seguro de accidentes só os escolares que non fosen participantes dalgunha das actividades xestionadas pola Federación ao longo do curso. O resto queda exento.
As inscricións poden levarse a cabo nas seguintes datas:
- Para o período 1: A partires do 1 de setembro de 2022
- Para o período 2: Do 3 ao 9 de maio de 2022