Cambiadores e Custodia comedor
Os servizos de cambiadores e de custodia a mediodía, despois de comedor, son dous servizos que só se ofertan en caso de alcanzar un mínimo de solicitudes. ARUME é a empresa encargada, ao igual que nos servizos de comedor e madrugadores.
Aberto o prazo de solicitude dos servizos para o curso 2025-2026. De non chegarse ao mínimo de 10 solicitudes, non se ofertarán estos servizos.
Cambiadores
Este servizo está especialmente pensado para as familias que inician a súa andaina no primero curso de infantil, como axuda á conciliación, de xeito que os monitores de ARUME se encargarían de mudar aos nenos ou nenas que ainda non acadaron o control de esfínteres.
A cobertura do servizo ten un alcance de todo o horario escolar, ata a saída de comedor.
Pódese solicitar en dúas modalidades:
- Mensual: Mediante o pago dunha tarifa plana en modalidade mensual: 19.75 €/mes
- Esporádico: Mediante o pago individual de cada intervención necesaria para cambiar aos nenos ou nenas: 3.35 €/intervención
Custodia comedor
O servizo de custodia de comedor é un novo servizo para aquelas familias que precisan unha extensión de tempo á hora de recoller aos seus fillos e fillas despois do comedor e que non teñen intención de quedarse a actividades extraescolares en horario de tarde.
Consiste en que os nenos e nenas poden permanecer no centro en horario de 16 a 16:30 h.
Pódese solicitar en modalidade mensual e ten un custo de 15.30 €/mes.