Xa podedes reservar os libros de texto do Banco de Préstamo da ANPA para o curso 2026-2027, a través da aplicación Ábaco, na sección Tenda.
Novas
Aviso importante: Nova APP Ábaco
Tal e como se acordou na asemblea ordinaria do pasado 22 de xuño, para o curso 2026–2027 comezamos a empregar a aplicación Ábaco 📲.
Prezadas familias que iniciades no Ramón o vindeiro curso por primeira vez:
Como sabedes, o vindeiro luns 22 de xuño, ás 16:30, teremos na biblioteca do centro a Xuntanza informativa sobre Actividade Extraescolar e Servizos de Conciliación para o curso que vén. Ao remate, terá lugar, a partir das 17:30 en primeira convocatoria e 18:00 en segunda, a Asemblea Xeral Ordinaria da ANPA.
Imos avanzando no calendario de peche de curso que compartimos hai uns días. Cada vez estamos máis preto de despedir este curso…
Festa de fin de curso 2026
Temos o pracer de convidarvos á festa de fin de curso:
Convocatoria asemblea xeral ordinaria 2026
Comprácenos convocar a todas as familias socias á asemblea xeral ordinaria da ANPA que terá lugar o luns 22 de xuño de 2026, ás 17:30 h. en primeira convocatoria e ás 18:00 h. en segunda convocatoria, na biblioteca do centro, coa seguinte orde do día:
⚠️ Todas as actividades extraescolares continúan ata o 19 de xuño ⚠️
📆 Dende o 19 de maio está aberto o prazo de solicitudes das axudas para adquirir libros de texto (para alumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria) e para adquirir material escolar (alumnado matriculado en Primaria) para o curso escolar 2026-2027, correspondentes ao fondo solidario de libros de texto que convoca a Consellería de...
O final de curso achégase, e no CEIP Ramón de la Sagra vivimos unhas semanas intensas, cheas de participación, formación, creatividade e tamén de solidariedade. Queremos recoller aquí os principais fitos deste mes, que amosan unha comunidade educativa activa e comprometida.
IV Cinema na Escola: O Chichón do Pasado
🎬 Por primeira vez, o noso cole participa no programa municipal Cinema na Escola, na categoría de Educación Primaria.
A pouco máis dun mes para que remate o curso queremos pedir de novo a vosa colaboración para recoller a vosa opinión sobre os servizos de conciliación xestionados dende a ANPA: Agarda con Nós, Madrugadores, Cambiadores e Comedor, e sobre a satisfacción coas Actividades Extraescolares durante este curso 2025-26 que remata.
Convocatoria asemblea extraordinaria
Dende a Xunta Directiva da ANPA, convocamos a todas as familias socias a unha Asemblea Extraordinaria o luns 18 de maio de 2026, ás 16:00 en primeira convocatoria e ás 16:30 en segunda, na biblioteca do colexio, coa seguinte orde do día:
Debido á previsión de chuvascos para este venres 8 de maio, vémonos na obriga de adiar o mercadiño.
Campacole 2026
📣 Tal e como vos adiantamos e como seguro que xa poidestes comprobar na información publicada polo Concello da Coruña, este ano o noso cole volve ser sede de Campacole do 22 de xuño ao 31 de xullo. Queremos animar a todas as familias que o precisen a inscribirse no noso campacole, para que todos os nenos e...
Mercadiño a beneficio excursión 6º Primaria
O alumnado de sexto de primaria convídavos a participar, o venres 8 de maio ás 18:00 horas, nun mercadiño de segunda man que terá lugar no patio do noso cole. Esta é xa a última actividade para recadar fondos para a excursión de fin de curso que realizarán no mes de maio 🌏
A ANPA, segundo o tratado na comisión de traballo de comedor, pon en marcha unha iniciativa para que as familias poidan coñecer de primeira man como funciona o servizo de comedor escolar: a organización, os tempos, o ambiente e, por suposto, a comida que se serve cada día.
🧪 Dende 1996, celébrase anualmente o Día da Ciencia na Rúa (DCR), posto en marcha pola Asociación de Amigos dos Museos e dende fai uns anos, organizado polos Museos Científicos da Coruña.
Compartimos a información dunha xornada de formación dirixida a familias, organizada pola Federación de ANPAs e coa colaboración do Concello da Coruña e da Xunta de Galicia, baixo o título:
Nova sección de formación
Queremos presentarvos que implementamos unha nova sección na nosa web para facilitar o acceso á documentación relativa ás formacións que organiza a ANPA. É unha páxina con recursos abertos para todas as familias, tanto socias coma non.
Axuda comedor curso anterior (2024-25)
A ANPA ven de recibir a axuda pola xestión dos servizos de comedor, correspondente ao curso anterior 2024-2025, por unha contía total de 12.894,32 €. Dende a ANPA, poñemos en marcha o reparto desta axuda entre todos os alumnos e alumnas que fixeron uso do servizo durante o curso pasado (agás aqueles que xa contan coa concesión...
Con motivo da próxima aplicación da nova normativa derivada da Lei de Alimentación Saudable e Sostible, a empresa Arume, responsable do servizo de comedor no noso centro, convoca a todas as familias con alumnado usuario —ou familias non usuarias que desexen obter máis información— a unha xuntanza informativa o martes 24 de marzo ás 18:00 horas, na ...
XIX Feira Matemática
Este ano a XIX Feira Matemática celébrase o sábado 14 de marzo, no Hall de Proa de PALEXCO, desde as 11 ata as 20 h.
Como sabedes, o pasado martes 3 de marzo, celebramos no centro unha sesión formativa dirixida ás familias de 5º e 6º de Primaria, impartida por David Bascoy, consultor da Amtega en concienciación de ciberseguridade. A actividade abordou cuestións tan relevantes como os riscos dixitais para os menores, a xestión do tempo de pantalla e os...
28F: Chegou o momento!
📣 Mañá, sábado 28 de febreiro é o gran día que levamos meses preparando. O día no que toda a nosa comunidade educativa sairá á rúa para defender o que é irrenunciable: o futuro das nosas fillas e fillos 👧🧒. Non imos pedir favores. Imos reclamar dereitos. Imos dicir alto e claro que a educación pública non se toca,...
Sesión informativa familias de 5º e 6º de Primaria: Obradoiro Ciberseguridade e menores conectados
Prezadas familias de quinto e sexto de Primaria:
📣 Mañá, mércores 25 de febreiro, ás 18:00 h., teremos na biblioteca do colexio o derradeiro obradoiro para que poidades rematar de preparar as vosas capas e complementos de cara á grande manifestación deste sábado 28 de febreiro.
Bolsas comedor curso 2026-2027
O 20 de febreiro de 2026, publicouse no Boletín Oficial da Provincia da Coruña a convocatoria das bolsas municipais de comedor para o curso 2026-2027.
🎉 No CEIP Ramón de la Sagra sentimos unha enorme ilusión cada vez que a nosa comunidade se une. Xa sexa aprendendo, celebrando ou participando en actividades como o circuíto Coruña Corre, queda claro que cando nos movemos na mesma dirección, como unha auténtica familia, somos capaces de lograr cousas extraordinarias. Este ano volvemos facelo: por...
Así foi a Festa de Entroido 2026!
Rematamos esta semana cun venres no que, por fin, o bo tempo deixounos gozar da Festa de Entroido. Grazas a todas familias por vir e participar enchendo de colorido o noso patio.





























