Asóciate!

⚠️ Atención: Novo procedemento: Aplicación Ábaco ⚠️

Para asociarte ou renovar a condición de familia socia para o curso 2026-27 tedes que empregar a nova APP Ábaco, que podedes descargar en:

 🔗 https://abacoapp.es/apps

Unha vez dentro, tedes que localizar a nosa ANPA e completar o rexistro de datos da vosa familia. Desde aí, poderedes asociarvos e facer directamente o pago da cota de familia socia. Deste xeito, simplificamos a xestión pola nosa parte e facilitamos ás familias o rexistro.

Os pasos son:

1) Descargar a aplicación: 

2) Buscar por nome a nosa asociación: "ANPA RASA CEIP Ramón de la Sagra". Tedes que darvos de alta como familia e rexistrar os datos da unidade familiar completa (fillos/as e titores/as). 

Tede en conta o seguinte:

  • É moi importante que, ao rexistrar a familia na aplicación, sexa só unha das persoas proxenitoras a que realice o proceso e engada ao resto de membros da unidade familiar ao completo (proxenitores e alumnado escolarizado no centro), para así evitar erros por duplicados. Salvo que sexades usuarios de Agarda con Nós, non tedes que rexistrar autorizados de recollida.
  • Cando unha das persoas proxenitoras introduce os datos de todos os membros, a outra só ten que instalar a app e indicar o seu móbil (é o identificador de usuario) para que lle aparezan os datos da súa familia dada de alta.
  • Os datos que se introducen son para o curso correspondente. Prestade atención ao curso que lle poñedes aos vosos fillos e fillas: ten que ser o que comeza en setembro. Se van pasar a 1º, 3º ou 5º de Primaria e, polo tanto, descoñecedes a letra do seu grupo, no vos preocupedes, en setembro podedes actualizar esa información.
  • Non cubrades datos persoais de saúde, necesidades, intolerancias, alerxias, etc. Eses datos son confidenciais e non tedes que compartilos coa ANPA. Xa cando fagades as inscricións en comedor ou actividades, teredes que indicalos ás empresas correspondentes, que son as que precisan esa información.

3) Proceder ao pago da cota para o vindeiro curso: A cota anual de familia socia é de 25 €, aos que a aplicación aplica unha comisión en concepto de pasarela de pago online (0,75 €). O pago é online con tarxeta desde a propia aplicación. Se queredes, podedes facer o pago por transferencia bancaria e enviar o xustificante bancario por correo electrónico, pero cremos que a primeira opción é a máis cómoda para familias e para a nosa xestión.

4) Xa sodes familia socia: Unha vez verificado o pago, non tedes que facer nada máis, teredes o carné na propia aplicación. Asegurádevos de revisar nos axustes do teléfono que tedes as notificacións permitidas para a aplicación Ábaco

Son moitas as vantaxes de ser familias socias
  • 👐  Participación activa na educación dos vosos fillos e fillas
  •   Representar os intereses do alumnado e as familias ante o centro educativo
  • 🏫 Colaboración co persoal docente e a dirección do centro
  • 🧑‍🎓 Mellora do ambiente escolar creando un entorno escolar en positivo, fomentando a convivencia
  • 🤾‍♂️ Beneficios á hora de participar en actividades fóra do horario lectivo
  • 📚 Contribuir ao mantemento do banco de préstamos de libros de texto (alumnado 3º a 6º de primaria) para todas as familias
  • 📧 Recibir información de interese da ANPA e dos temas escolares durante o curso lectivo
  • 🧑‍🏫 Beneficios á hora de acceder a recursos de apoio, formacións, charlas, talleres, etc.
  • 🪪 Dispoñer do carné de familia socia, que reforza a identidade da nosa comunidade educativa
  • 🫂 Apoio mutuo entre familias, establecendo novas relacións con outros pais e nais que comparten inquietudes e experiencias parellas. Reforza o sentimento de pertenza e comunidade
  • 🥳  Beneficios á hora de acceder e participar nas festas que se organizan ao longo do curso. A cota de familia socia inclúe a entrada en todas as festas do curso