Que facemos?

Xestión de actividades extraescolares

Xestionar coa Federación de ANPAS e o Concello para ofrecer actividades, rexistrar altas e baixas. Contactar con empresas para ampliar a oferta de actividades e organizalas.

Xestión do servizo de comedor e madrugadores

Contratación empresa, seguimento do servizo, control de calidade e resolución de incidencias.

Atención aos socios

A través da app Ábaco, vía telefónica ou por correo electrónico.

Organización de campamentos

Contactar coas empresas de ocio e tempo libre e organizar os campamentos urbáns das vacacións e verán.

Eventos culturais

Organizar eventos que enriquezan a oferta cultural do colexio.

Celebracións e festas

Xestionar as festas de entroido, día da familia e fin de curso, así como asegurar a limpeza das instalacións ao remate das mesmas.

Colaboración coa dirección do colexio e representación

Comunicación e colaboración continua coa dirección do centro escolar. Asistir ás reunións do Consello Escolar, da Federación de ANPAs  e do Concello.

Infraestruturas

Estudar as necesidades das infraestruturas do colexio, material deportivo, novas tecnoloxías, etc. e aportar o necesario segundo o presuposto dispoñible, ou conseguir financiación das administracións.

Comunicación

Deseño e impresión de carteis, circulares, entradas para festas, impresos dos servizos, etc...

Xestión de tesourería e administración

Xestión contable da asociación, libro de contas, pagos de facturas, subvencións de comedor dos usuarios, transferencias, etc... Mantemento continuo da base de datos

Web, app e RRSS

Mantemento e actualización permanente da web e dos nosos perfís de redes sociais. Xestión e comunicación a través da app Ábaco.

Pertenza e sentimento de comunidade

Idear actividades que reforcen o sentimento de pertenza a unha comunidade educativa familiar, unida e diversa: formacións, camisetas Coruña Corre...

Servizos que xestionamos