Banco de préstamo de libros de texto

Segundo se aprobou en asemblea ordinaria, a ANPA merca e cede en préstamo todos* os libros de texto para os nenos e nenas de 3º a 6º de Educación Primaria, que non obtiveran o fondo de libros da Xunta ou que non lles cubran todas as materias. Con esta iniciativa e este sistema de préstamo, que se articula en coordinación co colexio, as familias quedan liberadas da merca de libros de texto.
Grazas a todas as familias socias por facer posible esta iniciativa.
Para facer un bo aproveitamento dos recursos da ANPA e unha correcta provisión do material, é preciso que fagades a solicitude dos libros a través de aplicación Ábaco, desde a sección "Tenda". Seleccionades o curso correspondente e, a continuación, engadides ao carriño os libros que precisedes que non vos foran concedidos no FondoLibros da Xunta. Se non vos concederon ningún, tedes que engadilos todos ao carriño. Para finalizar, revisades o carriño, podedes engadir calquer comentario que precisedes e pulsar "Confirmar".
Os libros serán entregados polos titores a comezo de curso.
* Non se incluen os caderniños escribibles. Estes deben ser mercados polas familias por ser material dun só uso.
