Comedor e Madrugadores
Os servizos de comedor e madrugadores están xestionados pola ANPA. A empresa encargada do servizo é JARDANAY, con servizo transportado de liña quente no comedor.
Madrugadores
Este servizo acolle aos nenos e nenas antes do comezo das clases, entre as 7:30 e as 8:30 h.

Comedor
O servizo de comedor no centro funciona de 13:40 a 16:00 h. O servizo está dividido en quendas. A saída será de 15:45 a 16:00 h. Ademais, en caso de nececisade (avisando previamente a JARDANAY), poderá sairse ás 15:15 h.

Normativa curso 2026-2027
TARIFAS:
Comedor, modalidade fixa
5.85 €/día
Comedor, modalidade esporádica
7 €/día
Madrugadores con almorzo, modalidade fixa
2.4 €/día
Madrugadores con almorzo, modalidade esporádica
3.5 €/día
Madrugadores sen almorzo, modalidade fixa
1.35 €/día
Madrugadores sen almorzo, modalidade esporádica
2.5 €/día
Cambiadores
19 €/mes
Intervención cambiadores
3.2 €/intervención
Seguro
11 € / ano
DESCONTOS (non acumulables):
- Por irmán: 10% no 2º irmán/a na modalidade menos onerosa. 12% no 3o irmán/a nas 2 modalidades menos onerosas.
- Sé é usuario de comedor + madrugadores: 7% no servizo de comedor.
*A modalidade esporádica non ten descontos.
CONTRATACIÓN:
Para este curso 2026-27 Jardanay estrea nova web de Inscrición: https://comedores.jardanay.es
O primeiro paso é solicitar o rexistro, que será aprobado por Jardanay. Unha vez aprobado, pódese crear o perfil persoal cun contrasinal propio e introducir a información dos/as nenos/as. A continuación, solicitaranse os servizos. O perfil manterase para cursos vindeiros.
Inscricións: Creade a vosa familia e contratade os vosos servizos para cada fillo/a.
Prazo: do 15 de xuño (10h) ao 31 de agosto (23:55h).
*Non se aceptarán inscricións fora de prazo.
OPERATIVA:
Poderanse solicitar novos servizos, modificacións ou baixas no perfil da web ata o día 26 do mes en curso e faranse efectivas a partir do día 1 do mes seguinte. Non terán efecto as altas, baixas ou modificacións comunicados fóra de prazo.
Os servizos contrátanse no apartado Ficha de Cliente - Alumnos. Na pestana de alumnos/as, pincha o icono cadrado para asignar servizos a cada neno/a. Ao picar abrirase a ventá "Solicitud de Servizos" onde podedes escoller a modalidade que necesitedes. Unha vez que o servizo está aprobado, recibirás un correo electrónico confirmando o servizo e a data de entrada en vigor.
Para facer uso do servizo de forma esporádica, é necesario estar inscrito/a nesta modalidade e comprar o vale con anterioridade na páxina web https://vales.jardanay.es. No caso do comedor, débese avisar o día anterior ao teléfono do coordinador/a (637 768 291) ou por correo electrónico a comedor@jardanay.es.
FORMA DE PAGO:
Sempre mediante domiciliación bancaria, o día 15 de cada mes.
A modalidade esporádica págase a través dun vale, que deberá comprarse previamente na web https://vales.jardanay.es. Non se aceptarán pagos en efectivo.
A alta/renovación, así como calquera xestión co servizo de comedor e madrugadores debe facerse a través da web https://comedores.jardanay.es.
Na seguinte ligazón atoparedes as instruccións:
Para máis información sobre estes servizos, dúbidas ou aclaracións, contactar directamente coa empresa JARDANAY:
- 📞 (+34) 637 768 291 (Coordinadora comedor)
- 📧 comedor@jardanay.es

