Banco de préstamo de libros de texto

Segundo se aprobou en asemblea ordinaria, a ANPA merca e cede en préstamo todos* os libros de texto para os nenos e nenas de 3º a 6º de Educación Primaria, que non obtiveran o fondo de libros da Xunta, que non o solicitaran ou que non lles cubran todas as materias. Con esta iniciativa e este sistema de préstamo, que se articula en coordinación co colexio, as familias quedan liberadas da merca de libros de texto.
Grazas a todas as familias socias por facer posible esta iniciativa.
Para facer facer un bo aproveitamento dos recursos da ANPA e unha correcta provisión do material, é preciso facer a solicitude dos libros o antes posible para o curso 2025-2026, no formulario habilitado na seguinte ligazón:
* Non se incluen os caderniños escribibles. Estes deben ser mercados polas familias por ser material dun só uso.