Recta final: derradeiro obradoiro e manifestación o 28F
Prezadas familias:
📣 Mañá, mércores 25 de febreiro, ás 18:00 h., teremos na biblioteca do colexio o derradeiro obradoiro para que poidades rematar de preparar as vosas capas e complementos de cara á grande manifestación deste sábado 28 de febreiro.
Agora é o momento de unirse a esta marea pola educación pública 🌊📚 É o momento de demostrar o compromiso das familias polo que máis nos importa: unha educación digna, de calidade e inclusiva, que non deixa atrás a ningún neno nin nena 👧🧒
Temos que dalo todo 💪, facer desta reivindicación un éxito rotundo, facernos escoitar na Consellería 🔊, e deixar claro que estes recortes están afectando directamente ao día a día das nosas fillas e fillos. Dicimos, xa está ben, deixade de xogar co seu futuro! ✋
Este sábado 28 de febreiro é o momento ✊ Na mobilización convocada pola Federación de ANPAs participaremos toda a Comunidade Educativa do Ramón de la Sagra 💙 xunto con outras 200 ANPAs e comunidades educativas da provincia da Coruña.
A repercusión mediática xa está sendo moi potente 📺🔥 polo que depende de nós como familias que acade o efecto que buscamos: que as administracións escoiten e atendan as necesidades das nosas escolas. No noso centro, isto tradúcese nunha carencia moi importante de profesorado de apoio. Só coa nosa asistencia á manifestación poderemos logralo.
Acudimos caracterizados como superheroes e superheroínas 🦸♂️🦸♀️Podedes levar as vosas capas, pero o importante é acudir, compartir, difundir, trasladar esta petición en todos os vosos contextos, para que a asistencia sexa masiva 🙌.
Na seguinte galería fotográfica 📸 tedes máis ideas, o traballo das familias coordinadas polos grupos de colaboración durante estes días e os carteis deseñados pola Federación de ANPAs. Tamén tedes a plantilla do R e mensaxes para as viñetas de comic, nas que podedes poñer as vosas mensaxes:
📍A onde temos que ir o día da manifestación?
O sábado 28 de febreiro, a manifestación conxunta iniciará ás 11:00 h. na Praza de Ourense, en dirección á explanada do Parrote. Se podedes ir antes, as familias do Ramón quedamos na praza de Galicia (ás 10:30 h.), para ir desde alí, polas beirarrúas, ata a Praza de Ourense, onde nos sumaremos ao resto dos colexios participantes para iniciar a manifestación.
🔔 Non faltes. A túa presenza importa, a túa voz suma e o futuro das nosas nenas e nenos meréceo. 👧🧒

