🗓️Comezo Actividades Extraescolares 2025-26: mércores 1 de outubro  🗓️

26.09.2025

Prezadas familias:

Rematados os procesos de inscrición, podemos confirmar as actividades extraescolares que comezarán o mércores 1 de outubro, ao acadarse o número mínimo de participantes:

✅ Ludiverso: todos os grupos confirmados

✅ Natación (3º e 4º de Primaria): grupo confirmado

✅ Sonicreques: todos os grupos confirmados

✅ Judo: todos os grupos confirmados 

Robótica: non se levará a cabo, ao non acadarse o número mínimo de inscricións en ningún grupo de idade.


🛜 En breve publicaremos na web, na sección de Actividades Extraescolares, toda a información sobre a organización das entradas e saídas das actividades, espazos de realización e educadores responsables.

📌 Grazas pola vosa participación e colaboración.