Enquisa avaliación Cóxegas setembro 2025
Prezadas familias:
Rematado o mes de setembro, iniciaron co mes de outubro as agardadas Actividades Extraescolares, que se prolongarán xa ata o remate de curso do 19 de xuño.
Rematou tamén o período de Cóxegas e por iso vos queremos a vosa colaboración para recoller a vosa opinión sobre a satisfacción con esta actividade de conciliación, para o cal poñemos á vosa disposición unha breve enquisa para que poidades achegarnos as vosas opinións e as dos vosos fillos e fillas. É fundamental que os vosos fillos e fillas participen nas enquisas, pois eles son os que mellor coñecen o servizo.
Pregámosvos a máxima participación a todas as familias que fixestes uso do servizo de Cóxegas. Serán apenas 3 minutos do voso tempo e ten carácter anónimo. Estará activa ata o próximo 12 de outubro, día no que a pecharemos para recopilar os resultados e achegar calquera suxerencia á Federación de ANPAs.
Pregámosvos que a cubrades o antes posible. Podedes acceder a ela desde a seguinte ligazón:
Moitas grazas.
Agradecemos, coma sempre, a vosa participación e implicación. Lembrarvos que na seguinte ligazón dispoñedes de toda a información para asociarvos e poder participar nas diferentes actividades.