Boas Festas!

Prezadas familias,
A medida que o ano chega ao seu remate, desde a ANPA queremos compartir a nosa gratitude por formar parte dunha comunidade educativa tan viva e implicada.
A participación constante das familias e a disposición constante do claustro énchenos de orgullo e enerxía. Grazas a ese compromiso colectivo, seguimos avanzando con ilusión e co desexo de continuar aportando ao benestar da nosa escola.
Este primeiro trimestre sempre é un reto, pero coa coa colaboración de todos e todas puidemos sacar adiante a organización e desenvolvemento das actividades extraescolares e servizos de conciliación, a continuidade dos grupos de colaboración, etc. Sabemos que foi un gran esforzo, pero tamén comprobamos de primeira man que, cando moitas persoas se xuntan e traballan por un ben común, medramos, e moito! E con nós, as nosas nenas e nenos.
Este xoves 18, como é tradición, o Paxe Real visitou a nosa escola. O venres 19, último día do trimestre, os nosos nenos e nenas celebraron o fin de ano, cunha festa e unhas badaladas moi especiais. Xa pola tarde tivo lugar un gran encontro en comunidade, coa grande chocolatada e feira de artesanía, un evento que cada ano acada un maior éxito. Trasladámosvos o agradecemento dos nenos e nenas de sexto pola participación de toda a comunidade educativa, e deixámosvos unha pequena mostra fotográfica:
As actividades foron un espazo que foi moito máis alá da conciliación e, neste curso, inician cun récord de participación, cun Ludiverso xa consolidado como proposta multidisciplinar en liña coa aprendizaxe por proxectos.
Aquí vos deixamos o blog de actividades deste curso:
Agardamos que desfrutedes deste agasallo en familia, que o podades comentar cos vosos fillos e fillas, tanto se participan nas actividades, coma se non. Hoxe é unha noite especial para facelo.
Lembrade que estades a tempo de inscribir ás vosas fillas e fillos en calquera das actividades para o segundo e terceiro trimestre. Tedes toda a información sobre as mesmas nesta sección da nosa web:
Tamén vos queremos informar que ao longo destes días se están a enviar os carnés de socias deste curso. Lembrade que se aínda non o fixestes, estades a tempo:
Desexarvos un BO NADAL, cheo de maxia e ilusión, e unha boa entrada de ano.
E non esquezades recargar pilas, agárdannos moitas cousas que compartir no novo ano 2026!
Apertas para todas e todos!
ANPA RASA
