Campamentos de verán 2025: Campacole no Ramón!

12.05.2025

Prezadas familias:

📣 Como seguro que xa poidestes comprobar na información publicada polo Concello da Coruña, este ano o noso cole será sede de Campacole durante o mes de xullo. Queremos animar a todas as familias que o precisen a inscribirse no noso campacole, para que todos os nenos e nenas poidan desfrutar ao máximo das actividades no recén inaugurado patio verde, un espazo conseguido grazas á colaboración e participación de toda a comunidade educativa. 

📃  A preinscrición no campacole é posible para as seguintes quendas:

  • T1: do 23 de xuño ao 4 de xullo (24 de xuño festivo local, sen actividade)
  • T2: do 7 de xullo ao 18 de xullo
  • T3: do 21 de xullo ao 1 de agosto (25 de xullo festivo, sen actividade)

🕙 O campacole ten lugar no seguinte horario:

  • Horario diario: de 10:00 a 14:00 h.
  • Madrugadores: de 08:30 a 10:00 h., (con ou sen servizo de almorzo).
  • Comedor: de 14:00 a 15:30 h. (podéndose recoller aos participantes a partir das 15:00 h).

🪙 A cota de inscrición é de 40 euros (por quenda), 20 euros (madrugadores sen almorzo), 36 euros (madrugadores con almorzo) e de 60 euros (comedor).

O alumnado beneficiario da bolsa comedor no curso 2024-25 terá unha bonificación do 50% na cota do Campacole. Este desconto non se aplica aos servizos de madrugadores nin de comedor. Seguro de accidentes: 4,00 € (exentos deste pago os participantes matriculados en calquera programa ofertado pola Federación de ANPAs no curso 2024-25).

🗓️ O prazo de inscrición estará aberto do 13 ao 15 de maio, e dispoñedes de toda a información nas ligazóns ao final desta nova. 

ℹ️ Ademais do Campacole, compartimos toda a información do Concello da Coruña e da Federación de ANPAs, sobre o prazo de preinscrición nas diferentes opcións de campamentos de verán 2025: