Carnés de familias socias

26.01.2026

Prezadas familias:

🪪 Con esta nova, queremos informarvos que xa todos os carnés de familias socias foron enviados por mail aos enderezos electrónicos que nos achegastes cando cubristes o formulario de alta/renovación para este curso 2025-2026.

🤔 Se non o recibistes, pode deberse a algún dos seguintes motivos:

  • Existencia dalgún dato incorrecto no proceso
  • Que non completastes o proceso co pago da cota anual
  • Que non completastes o proceso enviando o formulario de alta/renovación
  • Que o teñades na carpeta de spam do voso correo. Revisade!

📨  En caso de que non o atopedes, poñédevos en contacto con nós. Podedes chamarnos ao teléfono da ANPA, enviar un WhatsApp ou enviar un mail.

 ✅  Se xa o recibistes, non tedes que facer nada máis. Non é necesario imprimilo  e podedes levalo no voso móbil. Será necesario para próximos eventos, acceso a festas, etc. 

​🔛 Bo comezo de semana!