Mercadiño a beneficio excursión 6º Primaria

Prezadas familias,
Un ano máis, o alumnado de sexto de primaria organiza o xa tradicional e tan esperado mercado de Nadal, que terá lugar este venres 19 a partir das 17:30 h.
Esa tarde, o colexio converterase nunha fermosa feira de artesanía chea de pezas únicas, elaboradas con moito coidado e dedicación polos nosos nenos e nenas xunto coas súas familias.
A entrada, cun custo de só 3 € por persoa, inclúe un saboroso chocolate quente, acompañado dunha doce palmerita e unha botella de auga. As entradas poderán adquirirse o mesmo día na entrada do centro.
Pero esta entrada é algo máis que un simple acceso ao evento: é unha achega solidaria para facer posible a excursión de fin de curso do alumnado de sexto de primaria. Grazas ao voso apoio, poderán despedirse do colexio vivindo unha experiencia especial que lembrarán para sempre.
Anotádeo nas vosas axendas e animádevos a compartir unha tarde diferente, preparada con moito agarimo polos rapaces e rapazas de sexto.
Agardámosvos con moita ilusión e agradecemento 🫂

