
Conciliaxogos Setembro
Prezadas familias:
Tal e como vos informamos hai uns días, ao non ofertarse o programa Cóxegas para este mes de setembro, dende a ANPA xestionamos unha proposta alternativa como recurso de conciliación dende o 8 ao 30 de setembro, atendendo ás preferencias máis demandadas polas familias, onde a actividade deportiva é a mais solicitada.
A proposta chámase CONCILIAXOGOS e xa podedes inscribirvos. A empresa que se responsabilizará desta actividade, en continua coordinación e seguimento coa ANPA é Xogos da Amizade.
Na seguinte ligazón, tedes información sobre as actividades que se van desenvolver:
As actividades terán a seguinte programación e prezos:
A inscrición, onde tamén atoparedes as instruccións de pago, faise directamente coa empresa responsable da actividade na seguinte ligazón:
Para calquera dúbida ou aclaración, poñen á vosa disposición dous teléfonos de contacto e prefiren que as comunicacións sexan por WhatsApp.
Lembrade que está aberto o prazo de renovación da condición de familias socias da ANPA para o vindeiro curso 2022-2023. Tedes toda a información na seguinte ligazón:
Moitas grazas.