
Confirmación data Festa de Entroido 2026 e Gala Coruña Corre
Prezadas familias 💓
Festa de Entroido:
🌤️ Confirmado polos modelos meteorolóxicos que a chuvia pasou, e dará paso a uns días de nubes e claros, nos que predominará o sol e con case nulas probabilidades de chuvia, confirmamos a data da festa de Entroido para mañá vernes 20 de febreiro ás 17:00 h.
🎶💂🎾 As actividades con remate ás 17:30 e ás 18 horas, farán a saída pola porta pequena de acceso ao recinto. Se despois se incorporan á festa, farán de novo a entrada polo portalón grande, onde terá lugar o control de acceso á festa 🥳
💳 As familias socias non precisan entrada, só tedes que revisar que teñades recibido o carné de familia socia, correspondente ao curso actual (laranxa). Se non o recibistes ou non o atopades, podedes escribirnos para consultar 📧
🫂Se non sodes socias, podedes facelo antes da festa
🥪 Pequechos e maiores, non esquezades traer moedas no peto para mercar a merenda que preparan as nenas e nenos de 6º, para axudar a costear a excursión de fin de curso.
Gala Coruña Corre:
🎇 Mañá venres tamén terá lugar a gala de entrega de Premios do Circuito de Carreiras Populares Coruña Corre, donde o noso centro, por cuarto ano consecutivo, acadou o primeiro premio na categoría de centros educativos.
Os nenos e nenas participantes, cos seus acompañantes, que queiran acudir á gala, dispoñen de 24 asentos reservados. Podedes acudir coa vosa entrada individual ou ben podedes solicitar a vosa invitación. Non tedes máis que enviar un correo ao mail da ANPA e vos enviaremos a invitación xenérica.
A Gala será ás 20:00 horas, no salón de actos do Centro Sociocultural Ágora, na Coruña (apertura de portas ás 19:15 h). Previamente, e dende as 18:30 h, todos aqueles participantes que completasen cinco ou máis carreiras recibirán un obsequio, que poderán recoller exclusivamente durante a celebración desta Gala.
👏
Grazas pola vosa colaboración e participación.
