Convocatoria asemblea xeral ordinaria 2025

03.06.2025

Prezadas familias,

Comprácenos convocarvos a todos os socios e socias á asemblea xeral ordinaria da ANPA que terá lugar o mércores 18 de xuño de 2025, ás 16:00 h. en primeira convocatoria e ás 16:30 h. en segunda convocatoria, na biblioteca do colexio, coa seguinte orde do día:

  1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da asemblea anterior.
  2. Exposición da memoria anual de actividades da asociación, realizadas no curso 2024-2025.
  3. Presentación do estado das contas da asociación e aprobación se procede.
  4. Modificación e renovación de membros da Xunta Directiva segundo os estatutos da ANPA. Prazo de presentación de candidaturas ata o venres 13 de xuño ás 14:00 h.
  5. Información grupos colaboradores e comisións de traballo.
  6. Rogos e preguntas.

Se tedes algunha proposta ou suxestión para tratar na asemblea, podedes envialas ao mail da ANPA e serán engadidas e tratadas no punto 6 da presente orde do día. Para que poidan ser incluídas e poidamos organizar os tempos da asamblea, pregámosvos que nolas fagades chegar antes do xoves 12 de xuño ás 14:00 h.

Dada a importancia dos temas a tratar, esperamos contar coa vosa presenza e, para facilitala, contaremos con servizo de conciliación para as nenas e nenos que o precisen.

Recibide un cordial saúdo.

ANPA RASA.