English Lab en Ludiverso: achegámonos ao teatro
Prezadas familias:
Este trimestre tivemos a sorte de vivir unha experiencia marabillosa no noso centro, dentro da programación de Ludiverso, na temática de EnglishLab. Participamos nun proxecto que combina aprendizaxe, diversión e inmersión lingüística, adaptado ás necesidades de cada etapa educativa.
Os máis pequenos e pequenas de Ludiverso Infnatil gozaron dunha proposta de animación á lectura en inglés baseada na narración e dramatización dun conto infantil. 📚
Viaxaron ao mundo da imaxinación a través dunha historia contada integramente en inglés, participaron activamente en xogos, movementos e pequenas dramatizacións e disfrutaron dunha sesión lúdico-didáctica relacionada co conto, pensada para reforzar vocabulario e estruturas básicas da lingua.
O alumnado de Primaria participou nun concurso de habilidades lingüísticas en inglés, pensado para poñer en práctica o aprendido dun xeito dinámico e motivador. 🏆🇬🇧
Enfrontáronse a probas de vocabulario, comprensión e expresión oral, traballaron en equipo, animándose uns a outros, e descubriron que aprender inglés tamén pode ser un reto divertido e cheo de emoción.
Tanto en Infantil como en Primaria, EnglishLab demostrou unha vez máis que a aprendizaxe dunha lingua estranxeira pode ser vivencial, motivadora e profundamente enriquecedora.
A combinación de xogo, creatividade e participación activa converteu cada sesión nunha oportunidade única para crecer e divertirse.
🎉 Seguimos!
Queremos agradecer a implicación das familias, dos educadores e educadoras e, por suposto, do alumnado, que fixo posible que este trimestre fose un éxito rotundo.
Aquí tedes unha pequena mostra...

