Festa de entroido 2026
Prezadas familias 💓
🎊 Comprácenos convidar a toda a comunidade educativa a festexar un dos eventos máis agardadados do ano: O Entroido!
📅 O vindeiro venres 13 de febreiro imos celebrar, no recinto do centro, unha FESTA DE ENTROIDO de 17:00 a 19:00 horas 🎭 No caso de que as condicións meteorolóxicas non o permitan, celebrarase unha semana máis tarde: o venres 20 de febreiro, no mesmo horario (avisaríamos uns días antes):
- 🆓 Familias socias ANPA: entrada de balde (a cuota anual de socios xa inclúe o seu custo). Non teñen que mercar entrada. É suficiente e imprescindible presentar o novo carné de socio para poder acceder ao recinto. Revisade a vosa bandexa de entrada e tamén a carpeta de correo non desexado, e poñédevos en contacto con nós en caso de que non o teñades (son laranxas e foron enviados entre o 20 e o 31 de decembro, e posteriormente ás novas altas que xa foron chegando).
- 💰 Familias non socias: imprescindible mercar entrada de forma anticipada:
- 💶 Prezo: 15 € por cada alumno ou alumna (os adultos acompañantes non teñen que mercar entrada).
- 🎟️ A venda anticipada de entradas será no comedor no seguinte horario:
- 📅 Martes 10, de 16:30 a 17:30 horas.
- 📅 Xoves 12, de 9:00 a 09:45 horas.
- ✋ Non se venderán entradas o día da festa.
- ⛔ Peche de portas de entrada ás 17:30.
- 🚪 Saída ás 19:00.
- 🚼 Irmáns menores (0-3) non escolarizados non precisan entrada e poden acompañar ás familias, ao igual que os adultos responsables.
😋 As nenas e nenos de 6º de primaria venderán exquisitas merendas variadas. Traede cartiños preparados e así, entre todos e todas, axudarémoslles a cubrir o gasto da excursión de fin de curso.
☕ Ademais, contaremos cun posto de venda de café, perfecto para acompañar a merenda e colaborar un pouquiño máis coa causa.
✨Haberá espazos de xogo, talleres, animación musical... Anotádeo na vosa axenda e non faltedes! 📅
👏 Grazas pola vosa participación e colaboración.

