Festa de fin de curso 2025

15.06.2025

Prezadas familias:

Temos o pracer de convidarvos á festa de fin de curso:

Información importante:

  • Cando? Venres 20 de xuño de 2025, de 17:00 a 19:30 h.
  • Onde? No patio do colexio. A entrada será polo portalón, onde se fará o control de acceso. En caso de chuvia, trasladeremos a festa ao Pavillón Polideportivo do Barrio das Flores, avisando previamente dos cambios organizativos precisos que nos esixe a Concellería de Deportes. Neste caso, na pista só poderían estar acompañados os nenos e nenas de 4º EI a 2º EP e o resto de familias poderían estar nas bancadas.
  • Que preciso? Presentar o carné de familias socias á entrada. As familias non socias deben adquirir as entradas de forma anticipada para amosalas no acceso ao recinto.
  • Canto custa? As familias socias xa teñen incluido o custo da entrada na cota anual. Para o resto, 10 € por neno ou nena. Os menores de tres anos poden acompañar ao resto da familia e non precisan entrada.
  • Como conseguimos as entradas se NON somos unha familia socia? Podedes mercalas por 10 € de forma presencial no comedor do colexio no seguinte calendario:

mércores 18 de xuño de 9:00 a 9:30 h. e de 17:30 a 18:00 h. (despois da asemblea)

xoves 19 de xuño de 9:00 a 9:30 h.

  • Que haberá na festa? Contaremos con música en directo, e dúas zonas de xogos, unha para Infantil e outra para Primaria. Haberá inchables nas dúas zonas e diferentes xogos e actividades, nas que tamén poderán participar as familias. Ás 18:00 faremos unha pausa nos xogos para ter un momento de recoñecemento e entrega do trofeo do Coruña Corre da pasada edición, faremos tamén unha homenaxe aos nenos e nenas de 5º e 6º que gañaron o premio do público no concurso Cantamos coas mans e celebraremos o traspaso simbólico do alumnado de 6º a 5º, que collen o relevo para a organización da súa excursión de fin de curso. Haberá talleres e xogos de auga, polo que vos recomendamos traer unha toalla e muda por se o precisan. 
  • Hai merenda? As nenas e nenos de 5º de Primaria venderán as merendas para axudar na organización da excursión de Fin de Curso do vindeiro ano. As familias que precisedes unha merenda diferente (por intolerancias, alerxias, …) enviade un correo á ANPA o antes posible para que poidamos xestionala.
  • Que obrigas temos? Desfrutar da festa e pasalo ben, acompañando aos vosos fillos e fillas e sendo responsables e respetuosos coa recollida do lixo nos puntos que se habilitarán.

Agardamos a vosa asistencia!

Moitas grazas.