Fondo solidario de libros e axudas para adquisición de libros de texto. Curso 2025-26

29.05.2025

Dende o 16 de maio está aberto o prazo de solicitudes das axudas para adquirir libros de texto (para alumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria) e para adquirir material escolar (alumnado matriculado en Primaria) para o curso escolar 2025-2026, correspondentes ao fondo solidario de libros de texto que convoca a Consellería de Educación da Xunta de Galicia.

A presentación das solicitudes pode facerse mediante dúas opcións:

  1. Presencialmente na secretaría do centro, no horario de atención ao público de 9:30 a 11:15 e de 12:15 a 13:30 de luns a venres e os luns pola tarde de 16:30 a 18:30. 
  2. A través da aplicación FondoLibros, accesible desde a seguinte ligazón:

O prazo de presentación de solicitudes será do 16 de maio ao 20 de xuño de 2025.

A data límite para a publicación das listaxes provisionais será o 14 de xullo de 2025 e posteriormente se anunciará o prazo de reclamación ás listaxes provisionais e se publicarán as listaxes definitivas.

As datas de entrega dos vales e dos libros do fondo solidario, publicaranse na páxina web do centro.

Toda a información sobre o procedemento, os requisitos e as contías das axudas, nas seguintes ligazóns: