O noso novo patio: Un espazo cheo de vida, soños e comunidade!
Prezada comunidade educativa,
✨ Nos últimos días, unha incógnita percorreu os corredores do colexio e as conversas das familias. Unha data marcada no calendario, unha invitación a gardar ese día sen saber aínda por que. Esta semana, con inmensa alegría, foi desvelado por fin o segredo: celebramos a inauguración do noso novo patio! 🥳
🗓️ Cando? Venres 13 de xuño
🕔 Hora? 17:00 h.
📍 Onde? No noso novo patio
💫 Hai momentos que marcan un antes e un despois, que nos enchen de orgullo e nos lembran todo o camiño percorrido. Cando colaboramos, conseguimos grandes cousas e o noso patio renovado xa é unha realidade 🌱
🌳 Un espazo que non só aporta unha zona verde e novas áreas de xogo. É o reflexo da unión, da ilusión compartida e do compromiso colectivo. Desde aquelas primeiras maquetas talladas con xices ata o momento no que podemos ver agora a herba baixo os nosos pés, cada paso deste camiño demostrou que, con paixón e traballo conxunto, podemos mellorar o noso colexio 🏫
🎉 E xa que esta historia naceu da cooperación e o cariño, queremos que a inauguración sexa unha festa de reencontro con todo o alumnado e profesorado que formou parte deste proxecto. Un día para compartir risas, lembranzas e ilusións 🫶
🎂Gozaremos dunha merenda preparada coas achegas de todas as familias, polo que animamos a traer algo desde casa para compartir, sexa doce ou salgado. Cada achega fará deste momento unha celebración máis acolledora e especial, reflectindo o espírito da nosa comunidade, que constrúe e camiña da man 🤝
👨👩👧👦 Esperámosvos o venres 13 para celebrar! Traede ganas de compartir, de rir, de sentir que este patio é noso. O misterio quedou atrás… agora toca gozar do resultado! 💚