Información importante e datas. Fin de curso 2024-2025

08.06.2025

Prezadas familias:

O curso académico está a piques de rematar, pero antes temos que anunciarvos varias datas, nas que terán lugar os seguintes importantes e agardados eventos (lede ata o final):

  • Luns 9 de xuño, de 16:05 a 17:00 h. Exhibición peche Actividades de Inglés e Ludiverso Primaria, que terá lugar no patio exterior.
  • Martes 10 de xuño, de 17:30 a 18:00 h., Exhibición peche Actividades de Prepatinaxe I e Prepatinaxe II (Infantil e Primaria). Terá lugar na parte exterior do patio cuberto.
  • Mércores 11 de xuño, de 16:05 a 17:00 h., Exhibición de peche Actividade de Ludiverso Infantil. Terá lugar na parte exterior do patio cuberto. No mesmo horario, pero no patio exterior, se celebrará a Exhibición de peche da Actividade de Deporte (Predeporte e Multideporte de Primaria).  
  • Xoves 12 de xuño, ás 18:00 h., Xuntanza coas familias de 5º de Primaria para o arranque da organización do fin de curso de 6º. Na biblioteca do centro.
  • Venres 13 de xuño, desde as 17 ata a hora de remate. Xornada festiva e de celebración do acto de INAUGURACIÓN DO NOVO PATIO. Toda a información na ligazón: O noso novo patio: Un espazo cheo de vida, soños e comunidade!
  • Mércores 18 de xuño, Asemblea familias socias da ANPA, ás 16:00 h. en primeira convocatoria e ás 16:30 en segunda convocatoria, coa orde do día e información que tedes na ligazón: Convocatoria asemblea xeral ordinaria 2025
  • Vernes 20 de xuño, de 17:00 a 19:30 h.: FESTA DE FIN DE CURSO  A tan agardada festa de peche de curso terá lugar, se o tempo o permite, no patio do colexio. A entrada será de balde para as familias socias (a cuota anual xa inclúe o custo da entrada). O prezo da entrada para non socios será de 10 € por neno ou nena. As entradas poderán mercarse (só non socios), no comedor, o mércores 18 de 9:00 a 9:30 h. e de 17:30 a 18 h. (despois da asemblea), ou o xoves 19 de 9:00 a 9:30 h. Estade atentos, porque en caso de choiva, avisaremos do traslado da festa ao pavillón polideportivo do Barrio das Flores. Neste caso, tede en conta que na pista, por motivos de aforo, só poderán estar acompañados os nenos e nenas desde 4º de Infantil a 2º de Primaria. O resto de familias poden estar nas bancadas (gradas). Pero confiamos en que non vai chover! Proximamente, teredes máis información sobre a festa 😉
Calendario de eventos

📅 Calendario de eventos

📅 Data ⏰ Hora Evento Lugar
Luns 9 de xuño ⏰ 16:05 - 17:00 🎭 Exhibición peche Actividades de Inglés e Ludiverso Primaria 🌿 Patio exterior
Martes 10 de xuño ⏰ 16:05 - 17:00 ⛸️ Exhibición peche Actividades de Prepatinaxe I e II (Infantil e Primaria) 🏠 Parte exterior do patio cuberto
Mércores 11 de xuño ⏰ 16:05 - 17:00 🎨 Exhibición de peche Ludiverso Infantil 🏠 Parte exterior do patio cuberto
Mércores 11 de xuño ⏰ 16:05 - 17:00 ⚽ Exhibición peche Actividade de Deporte (Predeporte e Multideporte Primaria) 🌿 Patio exterior
Xoves 12 de xuño ⏰ 18:00 🗣️ Xuntanza coas familias de 5º de Primaria para o arranque da organización do fin de curso de 6º 📚 Biblioteca do centro
Venres 13 de xuño ⏰ 17:00 - remate 🎉 Inauguración do novo patio 🌿 Patio exterior
Mércores 18 de xuño ⏰ 16:00 (1ª convocatoria) - 16:30 (2ª convocatoria) 📝 Asemblea familias socias da ANPA 📚 Biblioteca do centro
Venres 20 de xuño ⏰ 17:00 - 19:30 🎊 Festa de fin de curso 🌿 Patio do colexio (en caso de choiva: 🏟 Pavillón polideportivo Barrio das Flores)

Estamos desexando celebrar con vós todos estes eventos.

Ademáis, xa durante o mes de xullo actualizaremos información para que poidades solicitar os libros do banco de préstamo da ANPA (alumnado de 3º a 6º de Primaria), alta/renovación de familias socias, comedor, etc. Non deixedes de visitar a web e consultar as nosas redes sociais.

Recibide un agarimoso saúdo.