O curso está a piques de comezar
Prezadas familias:
Sen apenas decatarnos... setembro xa está aquí! 🌞📚
Agardamos que poiderades desfrutar dun verán cheo de momentos especiais e merecido descanso.
Agora toca poñerse en marcha: o novo curso 2025–2026 está á volta da esquina, e comezamos o luns 8 con moita ilusión, ganas e novas propostas.
Nesta publicación atoparedes toda a información destacada para comezar con bo pé, así como as novidades sobre as actividades extraescolares 🎨🤸♀️ nas que xa podedes inscribirvos.
Imos con forza, con ideas frescas e coa enerxía que merece este novo capítulo.
💥 Comezamos!
Cóxegas:
O mércores 3 de setembro ás 12:00, remata o prazo de inscrición para esta actividade que terá lugar do 8 ao 30 de setembro. Podedes atopar toda a información na seguinte sección da nosa web:
Alta/renovación de familias socias:
A condición de familia socia da ANPA renóvase de forma anual mediante o abono da cota de 25€ por familia e cubrindo o formulario que está habilitado. O prazo está aberto e tedes toda a información na seguinte sección:
Libros de texto de 3º a 6º de Primaria:
Para todas aquelas familias que non puideron consultar a lista de libros concedidos no FondoLibros da Xunta, está reaberto o formulario de solicitude ata o 3 de setembro. Só se non solicitastes os libros ao banco de préstamo da ANPA durante o mes de xullo, tedes agora outra oportunidade de facelo, unha vez consultedes no centro os libros concedidos ou non no FondoLibros.
Toda a información na seguinte sección:
Actividades Extraescolares:
Unha vez presentada a proposta de actividades extraescolares para o curso 2025–2026, lembrámosvos que o prazo de inscrición continúa aberto ata o 14 de setembro 🗓️✏️
Todas as actividades desenvolveranse entre o 1 de outubro de 2025 e o 19 de xuño de 2026, ofrecendo un amplo abano de opcións pensadas para enriquecer o día a día do alumnado.
Tal e como se explicou na xuntanza informativa do pasado 30 de xuño, seguimos apostando por unha oferta pública, de calidade, seguindo a liña do noso centro, baseada no traballo por proxectos, e que garanta a participación activa de todas as nenas e nenos 👧👦
💬 Tivemos en conta as propostas e preferencias que nos fixestes chegar a través das enquisas, e por iso mantemos actividades xa consolidadas como Sonicreques e Robótica, da man das empresas que nos acompañan desde hai anos 🤖🎭
Este curso incorporamos ademais unha nova colaboración con EdukaJudo, que permitirá ofertar a actividade de Judo 🥋, ampliando así a variedade e interese da programación.
📌 Podedes consultar toda a información detallada e o cadro de actividades na seguinte sección:
Alta/renovación dos servizos de comedor e madrugadores:
ARUME segue sendo a empresa encargada do servizo de comedor e madrugadores. Para facer uso dos servizos tedes que solicitar a alta ou renovación dos mesmos a través da app Colechef. Toda a información na sección actualizada da web para o presente curso:
Agarda con Nós:
Do mesmo xeito, seguiremos contando co espazo de conciliación Agarda con Nós. Podedes solicitalo do xeito habitual. Toda a informacion na sección:
Arrancamos un novo curso!
Moitas grazas pola vosa atención e colaboración.