Actividades Extraescolares 2025-2026: apertura inscricións

12.07.2025

Prezadas familias:

Tal e como vos vimos informando na nosa web, nas redes sociais e na Xuntanza de Presentación de Actividades que tivo lugar o pasado 30 de xuño, este ano estarán abertos desde xullo os prazos de inscrición nas Actividades Extraescolares. 

A data previsa de apertura de inscricións será o vindeiro 15 de xullo de 2025 para Cóxegas, Ludiverso e Sonicreques. Están xa abertas as inscricións para Robótica e está pendente de abrir a inscrición en Judo. Podedes consultar toda a información sobre as mesmas nas seguintes ligazóns:

As inscricións están abertas ata completar o máximo de prazas. De non acadarse o mínimo de inscricións establecidas para a formación dos grupos no prazo indicado, a actividade podería non levarse a cabo.

  • Cóxegas: actividade de conciliación dos programas educativos da Federación de ANPAs durante o mes de setembro: do 15 de xullo de 2025 ao 2 de setembro (ata as 12:00 h.), na seguinte ligazón:
  • Ludiverso: actividades dos programas educativos da Federación de ANPAs: a partir do 15 de xullo de 2025, na seguinte ligazón:
  • Sonicreques: a partir do 15 de xullo de 2025 (e aberta ata completar máximo de prazas), na seguinte ligazón: 
  • Playcode (Robótica): prazo aberto, na seguinte ligazón:
  • Edukajudo (Judo): pendente de recibir a información por parte de Edukajudo.
  • Programa de natación escolar (Concellería de Deporte): pendente de recibir a información da Concellería de Deportes.

Por último, lembrarvos que na seguinte ligazón dispoñedes de toda a información para asociarvos e poder participar nas diferentes actividades e proxectos que nos agardan neste curso escolar 2025-2026:

Moitas grazas pola vosa colaboración.