Ludiverso Infantil: viaxamos á Idade Media

18.12.2025

Oooola, benqueridos reis e raíñas!

Son o Rei Afonso IX, que este trimestre decidiu viaxar dende a Idade Media ata o voso tempo para coñecer os nenos e nenas de Ludiverso Infantil 🏰⏳

E non só para coñecelos… senón tamén para encomendarlles unha misión moi importante:

Aprender toooooodo o posible sobre a Idade Media… ou senón… ás mazmorras! 😱🔗

Cada semana funlles presentando retos que debían superar, e fixérono… con moitísimo éxito! 💪📜✨

Aquí vos deixo algunhas das cousas que aprenderon e que nos foron ocorrendo ao longo destes meses. 📚🛡️

Vémonos en xaneiro con moita máis diversión!

Moi Boas Festas a todos e a todas! 🎄🎉🤶