O noso centro e o seu alumnado, protagonistas deste mes

14.05.2025

Prezadas familias,

Recoñecemos que nos gusta moito presumir de cole, e este mes tivemos razóns por partida dobre.

O noso centro e o seu alumnado, protagonistas no portal de Educación do Concello da Coruña por dous fitos históricos: o remate das obras de remodelación do patio e, por suposto, a entrega do Premio do Público na gala da VIII edición do certame "Cantamos coas mans", na que o alumnado de 5º e 6º recolleu o merecido recoñecemento ao grande traballo en prol da educación inclusiva.

Compartimos as ligazóns ás dúas novas:

Un saúdo.