Organización Actividades Extraescolares Curso 2025-2026

30.09.2025

Prezadas familias,

Mañá mércores 1 de outubro empezan as actividades extraescolares. Dende a ANPA, coñecedores da vosa participación e implicación, sabemos que ides a formar parte das mesmas, dun xeito activo e responsable. Así, entre todos e todas, axudaremos a que as nenas e nenos poidan desfrutar do mellor programa posible de actividades extraescolares.

Nesta nova achegamos a información de cada actividade para que poidades falar coas vosas fillas e fillos. Así, xa saberán onde van a realizar as actividades e o nome das educadoras e educadores que mañá coñecerán por primeira vez, e cos cales inician unha nova aventura, na que o desfrute e a aprendizaxe se alían para vivir  unha experiencia persoal moi positiva.

Pregamos que, para que todo marche o mellor posible, todas e todos respetemos os horarios e puntos de entrega e recollida das vosas fillas e fillos. É moi importante a puntualidade, tanto na entrega como na recollida, así como deixar o espazo do patio libre o antes posible. Moitas das actividades faranse neste espazo e, sen querer, podemos irrumpir o seu bo funcionamento.

As nenas e nenos que acoden ao servizo de comedor, serán acompañados polas educadoras e educadores deste servizo, aos diferentes puntos de comezo das actividades. As familias que traen aos nenos e nenas da súa casa non poden deixalos a cargo do persoal de comedor. Teñen que agardar a que os recolla a educadora ou educador responsable de cada actividade no punto indicado.

Na seguinte táboa tedes toda a información sobre a organización:

ACTIVIDADE EDUCADOR/A RESPONSABLE PUNTO DE RECOLLIDA E ENTREGA ÁS FAMILIAS ESPAZOS DE REALIZACIÓN
LUDIVERSO Infantil (4º, 5º e 6º Curso)

De Luns a Venres de 16:00 a 17:30
Judith e
Helena (apoio)
Claudia (especialista de inglés)
Nas escaleiras da entrada ao colexio, dentro do recinto (acceder pola porta pequena exterior).
As familias que veñen da casa agardan coas nenas e nenos ao pé das escaleiras á educadora responsable da actividade.
Os nenos e nenas do comedor esperarán no hall de entrada acompañadas do equipo educativo do comedor.
A entrega despois da actividade será nas mesmas escaleiras de entrada ao colexio, dentro do recinto.
Aulas de Infantil. Patio Exterior (zona infantil). Patio Cuberto. Ximnasio. Biblioteca.
LUDIVERSO Primaria (1º, 2º e 3º Curso)

De Luns a Venres de 16:00 a 17:30
Zoe e Claudia (especialista
de inglés)
Na entrada do patio cuberto, dentro do recinto (acceder pola porta pequena exterior).
As familias que veñen da casa agardan coas nenas e nenos á educadora responsable da actividade, na entrada do patio cuberto.
Os nenos e nenas do comedor esperarán no patio cuberto acompañadas do equipo educativo do comedor.
A entrega despois da actividade será na mema entrada do patio cuberto.
Aulas de Primaria. Patio Exterior. Patio Cubierto. Ximnasio. Biblioteca.
LUDIVERSO Primaria (4º, 5º e 6º Curso)

De Luns a Venres de 16:00 a 17:30
Paula e Paula Sesar (especialista
de inglés)
Na entrada do patio cuberto, dentro do recinto (acceder pola porta pequena exterior).
As familias que veñen da casa agardan coas nenas e nenos á educadora responsable da actividade, na entrada do patio cuberto.
Os nenos e nenas do comedor esperarán no patio cuberto acompañadas do equipo educativo do comedor.
A entrega despois da actividade será na mema entrada do patio cuberto.
Aulas de Primaria. Patio Exterior. Patio Cubierto. Ximnasio. Biblioteca.
NATACIÓN 3º e 4º Primaria

Martes de 16:45 a 17:30
Horario bus: saída 16:15 e recollida 18:00
Concellería de Deportes Parada do Bus en R/Camilo José Cela fronte ao colexio.
As familias achegan e recollen as nenas e nenos (NON a ANPA, que só actúa como coordinadora).
O bus pasa ás 16:15 e regresa ao mesmo punto ás 18:00. Tendo en conta este horario, as familias acceden á parada por fóra do cole.
Piscina Municipal de San Diego.
SONICREQUES Infantil

Luns, Mércores e/ou Venres
de 16:00 a 17:00
Cristóbal (Luns e Venres)
Sonia (Mércores)
Porta de entrada a Infantil, dentro do recinto (acceder pola porta pequena exterior).
As familias que veñen da casa agardan na entrada de Infantil a que o/a educador/a responsable da actividade recolla ás nenas e nenos.
Os nenos e nenas do comedor esperarán no corredor de infantil acompañadas do equipo educativo do comedor.
A entrega despois da actividade será na mesma porta de entrada a Infantil.
Aula de Música (2º andar).
SONICREQUES Primaria

Luns e/ou Venres de 17:00 a 18:00
Cristóbal Porta de entrada a Infantil, dentro do recinto (acceder pola porta pequena exterior).
As familias que veñen da casa agardan na entrada de Infantil a que o educador responsable da actividade recolla ás nenas e nenos.
Os nenos e nenas de Ludiverso agardarán a que o educador os recolla na actividade de Ludiverso correspondente, onde estarán co equipo educativo de Ludiverso.
A entrega despois da actividade será na mesma porta de entrada a Infantil.
Aula de Música (2º andar).

Para aquelas nenas e nenos que acoden a Ludiverso e tamén a Sonicreques, as educadoras responsables xa dispoñen dunha relación cos seus nomes, para que os educadores de Sonicreques os podan recoller. Agradecemosvos que tamén o comentedes coas vosas fillas e fillos, así como coas educadoras os primeiros días, mentres non se coñecen, para colaborar a que todos os cambios se produzan sen grandes incidencias.

Para as actividades de Ludiverso que inclúen algunha modalidade de Patinaxe, non precisades traer os patíns os primeiros días. Están organizadas actividades lúdicas que favorecen o coñecemento, a vinculación e a formación de grupos. As educadoras irán compartindo a información coas nenas, nenos e familias ao longo do proceso.

As actividades de Judo levaranse a cabo nas instalacións de EdukaJudo, polo que non hai posibilidade de trasvase desde calquera actividade que ten lugar no colexio a EdukaJudo. A asistencia dos nenos e nenas ás actividades de Judo é responsabilidade das propias familias.

Pregamos paciencia e comprensión durante estes primeiros días de inicio. En calquera caso, tal e como comentamos na xuntanza de actividades, todas e todos formamos parte de este proxecto, polo que vos agrademos que calquera incidencia ou suxestión de mellora a compartades con nós a través das canles de comunicación habituais, mail ou teléfono.


Agradecemos, coma sempre, a vosa participación e implicación. Lembrarvos que na seguinte ligazón dispoñedes de toda a información para asociarvos e poder participar nas diferentes actividades.

Moitas grazas.