Patinaxe Infantil 2024-25: Segundo Trimestre
Ola familias!
Este segundo trimestre, no grupo de patinaxe infantil, xa case nos poñemos as proteccións e os patíns de forma autónoma!
Progresamos moitísimo e estamos a aprender a virar, a frear de diferentes maneiras, a desprazarnos sobre un patín e a patinar en diversos pavimentos.
Aproveitando a chegada do bo tempo e o novo patio, estamos practicando ao aire libre coma nunca.
Xa sabemos baixar costas con pouca inclinación e tamén subir e baixar escaleiras.
Estamos aprendendo a facer figuras como o enaniño ou o anxo, ademais de comezar a desprazarnos de costas.
Quédanos o último trimestre para perfeccionar todo o aprendido ata agora e converternos en auténtic@s patinador@s profesionais.