Patinaxe Primaria 2024-25: Segundo Trimestre

01.04.2025

Ola familias!

En patinaxe seguimos reforzando as habilidades específicas desta actividade. As nenas e nenos seguen mellorando e perfeccionando a súa técnica.

Durante o desenvolvemento deste trimestre, aproveitamos para introducir novos xiros e novas figuras, como o anxo e a groua, que se converteron nas súas posturas favoritas. Aínda así, seguen facendo o ananiño, unha figura que lles encanta.

Aproveitamos para que coñezan novas figuras, pero sen esquecer que, a través do xogo, traballen as habilidades motrices básicas e, sobre todo, que se divirtan e o pasen ben. Seguiremos informándovos...