Xuntanza de presentación equipo educativo comedor

04.09.2025

Prezadas familias:

Queredes saber onde comen os vosos fillos e fillas? Como son las instalacións? Queredes coñecer o funcionamento das quendas de comida? Queredes ver onde pasan ese tempo antes e despois das comidas? Que persoas os atenden? Onde os deixades no servizo de madrugadores

Dende a ANPA, en colaboración co colexio e con Arume, empresa responsable do servizo, organizamos unha xuntanza de presentación dirixida a todas aquelas familias usuarias que queiran achegarse a coñecer o equipo educativo  e o espazo no que os seus fillos e fillas pasarán parte importante da xornada extraescolar.

A xuntanza será este venres 5 de setembro de 17:00 a 17:30 horas e está pensada para que poidades acudir en familia, acompañados dos vosos nenos e nenas, para que podan coñecer ás persoas coas que van compartir ese tempo.

Está especialmente dirixida para as familias que empezan a súa andaina no centro, primeiros cursos de educación infantil, novas usuarias e aberta a calquera familia que xa fai uso do servizo ou que esté valorando facelo.

Agardámosvos!


Aproveitamos para lembrarvos que está aberto o prazo de renovación da condición de familias socias da ANPA para o vindeiro curso 2025-2026. Tedes toda a información na seguinte ligazón:

Moitas grazas.