Programa de Natación Escolar 2025-26

08.09.2025

Prezadas familias:

Compartimos a información da Concellería de Deportes do Concello da Coruña que, como cada curso, organiza o Programa de Natación Escolar en Centros Educativos Públicos. 

Esta campaña vai dirixida ao alumnado de Educación Primaria de 3º e 4º curso, de Centros Públicos. Para o noso centro asígnanse 10 prazas e levarase a cabo na piscina de San Diego, os martes de 16:45 a 17:30 horas (a hora de recollida serán ás 16:15 e a de entrega de volta as 18:00, na parada da Ronda Camilo José Cela), do 1 de outubro de 2025 ao 29 de maio de 2026.

A inscrición está aberta e pode realizarse do 8 ao 14 de setembro, no formulario da seguinte ligazón:

A listaxe provisional publicarase o 15 de setembro e abrirase un plazo para subsanación de erros os días 15 e 16 de setembro. No caso de existir máis solicitudes que prazas, realizarase un sorteo público (o 17 de setembro ás 9:00 h.) da letra que establecerá o corte para a adxudicación. A listaxe definitiva publicarase o 17 de setembro ás 15:00 h.

A matrícula formalizarase nas oficinas do C.D.M. de San Diego, do 18 ao 23 de setembro, aboando a taxa correspondente. O custo total da actividade por alumno ou alumna é de 55,07 €, que inclúe o transporte desde o centro educativo e a cobertura sanitaria.

Ao ser esta unha actividade organizada e xestionada polo Concello, a ANPA só actúa como coordinadora, polo que se establece a obligatoriedade por parte da nai/pai/titor/titora de deixar e recoller ao alumno/a na parada de autobús correspondente, no horario previsto de chegada ou ben na propia instalación deportiva á finalización da actividade, non habendo posibilidade de trasladar ás nenas e nenos participantes dende o servizo de comedor ou outra actividade. As faltas de puntualidade reiteradas darán lugar á baixa automática na actividade. As autorizacións de recollida deberán ser tramitadas segundo o protocolo establecido.

Para dúbidas organizativas e de coordinación, contactar no teléfono da ANPA, 615 512 306.

Toda a información, bases da convocatoria, formulario de inscrición e impresos de matrícula, podedes atopala na seguinte ligazón do Concello: