Reunión co Concelleiro de Educación

25.09.2020

Benqueridas familias:

O día 22 de setembro mantivemos unha reunión co Conselleiro de Educación, o Sr. Jesús Javier Celemín Santos, e dous dos seus membros de equipo, para trasladarlle diversas peticións do colexio e d@s nos@s soci@s.

A continuación resumimos os temas tratados:

  1. Comedor: Interesámonos polo estado no que se encontran as obras, facendo fincapé na importancia da ampliación, especialmente na situación actual. Dinnos que están a espera da aprobación de presupostos (para o próximo exercicio) e pendente de licitación polo que solicitamos que se revise e acelere poñendo como fecha de execución o verán do 2021. Quedamos a espera de resposta.
  2. Poñemos enriba da mesa a imperiosa necesidades de dispoñer de espazos cubertos ao aire libre xa que seguimos pendentes da execución do patio cuberto por parte da Xunta. Fálase de varias ideas pero cremos que a de implantar unha carpa de xeito provisional sería unha solución eficaz e rápida, neste sentido baraxáronse varias formas de financiación quedando pendentes de presupostos. Unha vez teñamos esa información conxuntamente coa dirección, valorarase e trasladararase novamente o Concello. Informaremosvos puntualmente do resultado destas xestións.
  3. Fondos Federación e conciliación: Comentase a necesidade de reutilizar os fondos non gastados de federación nun programa a domicilio para cubrir as necesidades de conciliación das familias confinadas obrigatoriamente con nen@s non contaxiad@s. O concelleiro tomou nota da petición e quedou en estudar o xeito de implementala sendo consciente desta demanda. Quedamos á espera de contestación.
  4. Actividade Garda e Custodia: Volvemos a demandar que esta actividade se incorpore ao programa oficial de actividades, quedando deste xeito cuberta pola subvención do concello, véndose reducido o seu custo e tendo en conta que este ano polo protocolo COVID hai que contratar dous monitores que pagan entre as familias usuarias.
  5. Cláusula COVID Federación: Trasládase de maneira enérxica o noso total desacordo con esta cláusula, recibindo resposta inmediata da súa ilegalidade e da súa nulidade, e corrixíndose na aplicación o mesmo dia.
  6. Por último trasládanse temas sobre reforzos de limpeza no colexio e de becas comedor que son solucionados na mesma reunión.

Moitas grazas.