Semana Grande do 28-F: Xuntas facémonos escoitar

20.02.2026

Prezadas familias:

Este vindeiro luns entramos nunha semana decisiva na que temos que dalo todo polos nenos e nenas que se están a atopar cunha escola pública á que a Consellería de Educación lle está aplicando políticas de recortes de profesorado e persoal coidador ✂️, afectando directamente ao día a día das nenas e nenos.

Por un ensino público digno e de calidade, Non pedimos privilexios, esiximos dereitos ou A educación pública é futuro, serán algunhas das consignas que cantaremos este sábado 28 de febreiro na mobilización convocada pola Federación de ANPAs, na que participaremos toda a Comunidade Educativa do Ramón de la Sagra 💙

Para chegar con forza e identidade propia, continuamos coa folla de ruta preparada polos grupos de colaboración: imos caracterizarnos como superheroes e superheroínas, e para iso realizaremos dous obradoiros en familia no cole:

  • Luns 23 de febreiro – 18:15 h – Biblioteca do cole
  • Mércores 25 de febreiro – 18:00 h – Biblioteca do cole

🛠️ Que faremos?

🦸 CAPAS: Precisades unha capa de tela para cada membro da familia, da cor que máis vos guste 🌈, simbolizando a nosa comunidade diversa. Personalizaremos cada capa coa nosa R do Ramón, usando pintura, fieltro ou outros materiais. Podedes traer o voso propio material de manualidades; se non, tamén teremos no obradoiro.

💫 MUÑEQUEIRAS / BRAZALETES: Crearemos brazaletes de superheroes a xogo coas capas, como complemento do voso disfraz. Pódese empregar cartulina ou goma eva.

✍️ PARCARTAS: Prepararemos pancartas de diferentes tamaños, con forma de viñeta de cómic, para que poidades escribir as vosas mensaxes reivindicativas con rotuladores permanentes de cores diversos. Non faltes. A túa presenza importa, a túa voz suma e o futuro das nosas nenas e nenos meréceo. 👧🧒

Prepararemos pancartas de diferentes tamaños, con forma de viñeta de , para que poidades escribir as vosas mensaxes reivindicativas con rotuladores permanentes de cores diversos.

Na seguinte galería podedes ver algunhas ideas:

🎒Que teño que levar?

  • As capas e o material que teñades na casa.
  • Como serán dúas tardes en familia, podedes traer merenda para compartir cos nenos e nenas.

🤔Que pasa se non podo asistir aos obradoiros pero si á manifestación?

Podedes preparar a vosa capa e complementos na casa, ou asistir aos obradoiros o día que poidades. O importante é contar coa vosa presenza, coas vosas familias, amizades, veciños e veciñas. Temos que sumar unha marea de xente para loitar polo que é de dereito, unha educación digna e inclusiva. Cada capa, cada pancarta e cada paso que demos será unha mensaxe clara: a educación pública deféndese. Vémonos alí.

📍A onde temos que ir o día da manifestación?

O sábado 28 de febreiro, a manifestación conxunta iniciará ás 11:00 h. na Praza de Ourense, en dirección á explanada do Parrote. Se podedes ir antes, as familias do Ramón quedamos na praza de Galicia (ás 10:30 h.), para ir desde alí, polas beirarrúas, ata a Praza de Ourense, onde nos sumaremos ao resto dos colexios participantes para iniciar a manifestación.

🔔 Non faltes. A túa presenza importa, a túa voz suma e o futuro das nosas nenas e nenos meréceo. 👧🧒