Sesión informativa familias de 5º e 6º de Primaria: Obradoiro Ciberseguridade e menores conectados
Prezadas familias de quinto e sexto de Primaria:
📍Este martes 3 de marzo, de 17:30 a 19:00 h., celebrarase un obradoiro presencial, que terá lugar na biblioteca do noso centro e que vai dirixido ás familias (titores, pais e nais) do alumnado de quinto e sexto de Primaria.
👨💻Esta sesión formativa leva o nome de Menores conectados: educación dixital en ciberseguridade e privacidade e será impartido por persoal especializado da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
📱A formación abordará aspectos como cales son os riscos dixitais para os menores, como xestionar o tempo nas pantallas ou que recursos e ferramentas existen para protexelos. Unha xornada de educación dixital en ciberseguridade e privacidade. Na seguinte imaxe podedes ver o cartel da actividade.
👨👨👦👦E unha actividade de balde para todas as nais e pais de nenos e nenas de quinto e sexto de Primaria que, pola idade dos seus fillos e fillas será de grande interese e de asistencia máis que recomendable. Non é precisa inscrición.
🔞Polo carácter dos contidos que se van tratar, non é unha actividade dirixida aos propios nenos e nenas, só aos seus titores responsables, pais e nais. Non faltedes!

